Amosando publicacións coa etiqueta Día do amor e amizade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do amor e amizade. Amosar todas as publicacións

14 de feb. de 2026

CAIXA DO AMOR

 Xa podedes escoitar todas as mensaxes bonitas que chegaron á: Caixa do amor durante este mes de febreiro.

Dúas voces misteriosas fixeron unha gravación especial para poder publicar esta tarde as vosas notas. 

Premede no botón a ver se algunhas destas mensaxes é para vos.

4 de feb. de 2026

CAIXA DO AMOR

 No primeiro andar hai unha caixa moi especial…

Nela podes deixar:

🌈 unha mensaxe bonita
😊 algo que che gusta doutra persoa
💌 unha confesión amable
🤗 unhas palabras para facer sorrir

Ás veces, un pequeno papel pode facer un día moito mellor.
Anímate a escribir desde o corazón 💗

As palabras bonitas tamén son un agasallo.

27 de feb. de 2019

DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Aquí están as fotos da celebración do día do amor e a amizade. E que mellor forma que disfrutar da lectura ao aire libre cos nosos padriños e afillados... Ademáis fixo un bo día e o pasamos en grande!!














11 de feb. de 2019

semana do amor e a amizade

 Está ao chegar o día dos namorados, asique imos celebrar a SEMANA DO AMOR E A AMIZADE, na cal estaremos cos nosos padriños e afillados lendo uns contiños nos recreos...

Aquí vos deixamos as fotos de hoxe onde podedes comprobar o moito que nos queremos!!!








27 de feb. de 2018

Parellas históricas


Como estades a levar este mes cheo de bicos, agarimos e apertas?

Nós estivemos a traballar diversas parellas das épocas da historia, cada aula da súa correspondente, para poder crear estes fermosos corazóns e poder ensinarvos que dende a mesma prehistoria o amor move o mundo!

Esperamos que vos guste, e animámosvos a que abrades cada corazón e descubrades a peculiaridade de cada historia.







9 de feb. de 2018

Recuncho amoroso!

Febreiro caracterizase por ser o mes do amor e da amizade, valores tan necesarios na nosa vida, e que deberiamos de practicar a diario!

Estos días teremos unha exposición de libros para todos os niveis cargadiños de amor. Recordade, que os libros expostos tamén os podedes consultar e pedir emprestados!
Biquiños mil





15 de mar. de 2017

Mes do amor e amizade

      






O amor é universal.








Este ano celebramos o mes do amor e a amizade escribindo e enviando ós nosos padriños e afillados (lectores) unha postal de amizade...



Enviámolas. 

Os axudantes da biblioteca foron os encargados de abrir o buzón... 



Clasificaron todas as postais para que chegaran ó seu destino sen demora.





CARTEIROS LISTO PARA FACER AS ENTREGAS


Aquí vos deixamos imaxes da entrega das postais!!!


15 de feb. de 2017

Un rincón con moito amor!

Nestas semanas  temos un recuncho moi especial. Esta cheo de libros cargadiños de amor.



Están a túa disposición. Podes lelos no recreo, levalos para clase.. 







Non deixes de


 lelos!!





E... recorda que o  amor, amizade son uns bos motores para que a nosa vida sexa mellor.

Ponos en marcha!!!  

20 de feb. de 2016

QUERO LER... CON MOITO AMOR!

Despois da invitación que vos fixemos semanas atrás, para conmemorar o Día da Amor e Amizade, a vosa participación na actividade " Quero ler con moito amor", realmente foi boísima. Os vosos traballos estupendos! 

A vosa participación nas actividades propostas son o motor que move esta biblioteca!!!


Esperámosvos nas vindeiras actividades!!

15 de feb. de 2016

XOGAMOS CO VERBO QUERER

Para conmemorar o Día da Amizade e do amor, os alumnos de 3º de primaria, achegáronse a biblioteca a buscar libros de poesía. Precisaban atopar poesías para xogar con elas e  co verbo querer, tal e como os tiñamos convidados.
A actividade foi  motivadora e divertida para eles!


12 de feb. de 2016

Curtas de amor



Amor


Ovo ou galiña



A importancia de dar

O soldadiño de chumbo



O lobo na oficina



Fermosa historia





10 de feb. de 2016

NESTA SEMANA: LIBROS, CURTAS... DE AMOR E AMIZADE

Xa estamos na semana da amizade e do amor!

San Valentín anda merodeando polo cole e  seguimos  coas actividades para celebrar ese día.
Nesta data imos traballar un tema transversal: as capacidades afectivas  de relación interpersoal  entre os nenos.
San Valentín é a escusa perfecta para expresar o afecto entre compañeiros. O noso lema: Con moito corazón.

Empezaremos escribindo palabras que  transmitan amizade, amor, cariño... É impotante, recordar cousas bonitas, sinceras... Cousas que nos axudan a ser mellores, a estar mellor con nós mesmos.

Collede  corazóns na biblio e nes escribiredes  esas palabras, esa frases que sentides ou que atopades nos libros da exposición para facer uns vermes amorosos  ou  regalarllela a un compañeiro/a. 


E lembra:

Pásate pola biblio a ler historias cheas de amor, poesía, a ver curtas,....

Agardámosche!! Temos  para ti..., 

2 de feb. de 2016

DÍA DO AMOR E AMIZADE

Coincidindo coa celebración de San Valentín, imos a adicar estas dúas semanas ao amor e amizade. 

o Noso lema: Quero ...  ler!



Para elo estamos organizando algunhas actividades:

  • Selección de lecturas con historias de amor, amizade, bicos, cariño, tenrura.
  • Busca  de palabras de amor e amizade na selección de libros que temos no recuncho do amor.         



Escríbeas nun corazón, entrégaas na biblio e con elas 

faremos un vermes moi amorosos que colgaremos polos 

corredores do centro.


  • Xogamos co verbo querer
        Invitámosvos a xogar co verbo querer en calquera  persoa  e tempo. 

        Buscade un  poema e adaptalo.

        Modelo: Poema de Antonio García Teijeiro

           Eu quero,
           muíños de vento ,
           que garden silencio.

                 Ti queres,
                 algunhas tormentas,
                 que saiban a menta.

                            El quere,
                            que soen pianolas
                            nas papoulas.

                   Quere ela,
                   cancións de lúa
                   que mezan o berce.

          Queremos,
          cabalos de mar
          que saiban trotar

                       Queredes,
                       cereixas e amoras
                       a todas horas.

                                       E queren
                                       que cheiren a caravel


                                       e a versos de mel.



Escribídeos no formato que máis vos guste e entregalos na biblio dentro do bote do amor!

Agardámosvos lendo!!!!

11 de feb. de 2015

CURTAS PARA NAMORAR!!!!

A Biblio convídavos a ver tod@s xuntos na HORA DE LER estas curtas que falan de...AMOR!...

LÉVAME CONTIGO


CUPIDÓN



UN TENDEIDERO DE AMOR


UN FLIPBOOK APROPIADO PARA ESTE DÍA

9 de feb. de 2014

E CHEGA O DÍA DO AMOR!!




Lucía, Eva e Nayara de 6º curso e ademáis axudantes da Biblioteca, fixeron este ano o carteliño para que disfrutedes das.....

E, para acompañar, tamén se achegaron alí a nosa familia de moniños....






Merece a pena que vos acheguedes a ler estes libriños con tantos sentimentos.

Ademáis aquí vos deixo estes vídeos cheos de sentimentos:




Este de animación que ademáis acadou un premio:



E por último, amor ....entre insectos!!


11 de feb. de 2013





Queremos celebrar a data do día dos namorados agasallándovos cunha exposición de libros (no lugar habitual) que falan de amor, de amizade, de tenrura, de bicos, de... A LER!!!!!




Tamén vos agasallamos con estes dous vídeos que falan de amor:
 
PAPERMAN:Romántica curta de Disney nominada ós Óscar deste ano.

Love recipe



QUE O DISFRUTEDES!!!!!