Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

28 de xan. de 2015

FEBREIRO....MES DE ROSALÍA DE CASTRO

O mes de febreiro, adicámosllo especialmente á nosa poetisa máis universal:


Rosalía de Castro


Imos empezar por recordar a súa BIOGRAFÍA:


Xa vimos que un dos seus libros principais é:

Pois....aquí vos deixamos as poesías deste fermoso libro
( pincha no número)

E agora uns LIM cos que aprendemos unha chea de cousas:

Para os máis pequech@s....

 ROSALÍA DE CASTRO

                                                         Para os máis maiores...

                                                                                                                       ROSALÍA DE CASTRO

     Agora oiremos algúns poemas musicados:

"Negra Sombra"



Cando penso que te fuches, 
negra sombra que me asombras, 

ó pé dos meus cabezales 

tornas facéndome mofa. 
Cando maxino que es ida, 

no mesmo sol te me amostras, 

i eres a estrela que brila, 

i eres o vento que zoa. 

Si cantan, es ti que cantas, 

si choran, es ti que choras, 

i es o marmurio do río 

i es a noite i es a aurora. 

En todo estás e ti es todo, 

pra min i en min mesma moras, 

nin me abandonarás nunca, 

sombra que sempre me asombras.

VOZ e GUITARRA: Najla Shami
GUITARRA e ARRANXOS: Pedro Pascual
VIOLA e ARRANXOS PARA VIOLA DA GAMBA: Xurxo Varela

"Campanas de Bastabales"


Campanas de Bastabales, 
cando vos oio tocar, 
mórrome de soidades. 

Cando vos oio tocar, 
campaniñas, campaniñas, 
sin querer torno a chorar. 

Cando de lonxe vos oio, 
penso que por min chamades 
e das entrañas me doio. 

Dóiome de dór ferida, 
que antes tiña vida enteira 
e hoxe teño media vida. 

Só media me deixaron 
os que de aló me trouxeron, 
os que de aló me roubaron. 

Non me roubaron, traidores, 
¡ai!, uns amores toliños, 
¡ai!, uns toliños amores. 

Que os amores xa fuxiron, 
as soidades viñeron... 
De pena me consumiron. 

Campanas de Bastabales, 
cando vos oio tocar, 
mórrome de soidades.
CORAL CASABLANCA -VIGO

"Airiños, airiños aires"
Alumnado do IES de BARXAS

"Xan"
Quempallou
Xan vai coller leña ó monte Xan vai a compoñer cestos Xan vai a poda-las viñas Xan vai apaña-lo esterco E fai o leito i-o caldo... Xan en fin é un Xan completo Deses que a cada muller Lle conviña un polo menos Pero cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro... Pepa, afortunada Pepa, Muller do Xan que sabemos, Mentres seu home traballa Ela lava os pés no rego; Cátalle as pulgas ó gato, Peitea os longos cabelos,
Bótalles millo ás galiñas, Marmura co irmán do crego Pero cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro... E cando Xan pola noite Chega cansado e famento, Ela xa o espera entre as mantas e ó velo entrar dille quedo: -Por Dios non barulles moito que me estou mesmo morrendo -Pois qué tes ña mulleriña? -Que hei de ter? deita eses nenos, Que esta madre roe en min Cal roe un can nun codelo I-ó cabo ha de dar comigo Nos terrós do cimiterio Pero cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro... -Pois veña Pepa toma un trago De resolio que aquí teño E durme ña mulleriña Mentres os meniños deito. De bágoas se enchen os ollos De Xan ó ver tale feitos Mais non temás que, entre mil, N’hai máis que un anxo entre os demos, N’hai máis que un atormentado Entre mil que dan tormentos!! Porque cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro Porque cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro.

                            "Rosalía pequeniña"
                                                                          Uxía


"Vamos bebendo"


Teño tres pitas brancas 
e un galo negro, 
que han de poñer bos ovos, 
andando o tempo. 
I hei de vendelos caros 
polo Xaneiro, 
i hei de xunta-los cartos 
para un mantelo, 
i heino de levar posto 
no casamento, 
i hei... 

Teño tres pitas brancas 


e un galo negro, 
que han de poñer bos ovos, 
andando o tempo. 
I hei de vendelos caros 
polo Xaneiro, 
i hei de xunta-los cartos 


para un mantelo, 
i heino de levar posto 
no casamento, 
i hei... 
Pois mira, Marica, 
vai por un neto, 
que antramentas non quitas 
eses cerellos, 
i as pitas van medrando 
co galo negro, 
para poñe-los ovos, 
e todo aquelo 
do Xaneiro, dos cartos, 
i o casamento, 
miña prenda da ialma, 
¡vamos bebendo! 
Miña prenda da ialma, 
¡vamos bebendo! 
Miña prenda da ialma, 
¡vamos bebendo!


                            "Un repoludo gaiteiro"
                                             Amancio Prada




            "Alborada"  
                Lucía Pérez&Rosa Cedrón

          


Vaite,noite va fuxindo
vente aurora vente abrindo,
co teu rostro que sonrindo
¡a sombra espanta!.
¡Canta paxariño,canta
de polinya en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,polo monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!
¡Canta paxariño alegre,canta!
¡Canta porque o millo medre canta!
¡Canta porque a luz te escoite
canta!Canta que fuxéu anoite.
Noite escura logo ven e moito dura
co seu manto de tristura,
con meigallos e temores,agoreira de dolores,
agarimo de pesares, cubridora en todo mal.¡Sal!
Que a auriña co ceu colora
cuns arbores que namora,
cun sembrante de ouro e prata
teñidiño de escarlata.
Cuns vestidos de diamante
que lle borda o sol amante
entre as ondas de cristal.
¡Sal! señora en todo mal,
que o sol xa brilla
nas cunchiñas do areal que a luz do día
viste a terra de alegría,que o sol,
derrete con amor a escarcha fría.

                        "Non che teño medo Moucho!"
                                                                                                 Alumnado do IES de BARXAS



24 de feb. de 2014

ASÍ FOI A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA

A homenaxeada foi ela, ROSALÍA, os protagonistas eles, os nosos nenos e nenas de 6º curso que sempre están dispostos a colaborar e, tratándose da nosa poeta, non ía ser menos.

Na" hora de ler", despois duns días de ensaios, foron a lerlles poesías de Rosalía ós seus compis que os escoitaron embobados e agradecidos. Aquí quedan as imaxes para que o comprobedes:(dalle a PLAY)






Tamén a Biblio tivo un agasallos para os mestr@s, porque sempre están dispostos para todo o que se organice dende a Biblio.

E no taboeiro, tamén locen espléndidos os traballos do alumnado de 6º curso que experimentaron nos seus ordenadores cunhas imaxes de Rosalía.




15 de feb. de 2014

COÑECENDO MÁIS A ROSALÍA

Cada 24 de febreiro, celebramos o día de
 xa que naceu neste día do ano 1837. E, aínda que só con dicir o nome, sabemos que se trata da nosa poetisa Rosalía de Castro, imos recordar a súa vida e obras nesta fermosa presentación:

Nos poemas da súa obra "Cantares Gallegos", aparecen con frecuencia a gaita e os gaiteiros. O poema  titulado Alborada, foi escrito por Rosalía para acompañar a melodía dunha antiga alborada tradicional (alborada é unha composición musical de orixe popular para os días de festa. Tócase  para comezar coas celebracións do día.Habitualmente é interpretada por gaiteiros, , que van desfilando polas rúas, camiños, corredoiras e lugares dos pobos).
Os Gaiteiros de Galicia  tocaron o día 24 de febreiro ALBORADAS PARA ROSALÍA.
 Aqui deixamos a letra:



E tamén a música na voz das cantantes galegas Rosa Cedrón e Lucía Pérez (probade a ler a letra mentres escoitades a voces xa veredes que ben!!)



Agora e con moita creatividade, o alumnado da aula de plástica do IES DE BARXAS fixo esta animación dunha poesía de Rosalía. Mirade que marabilla!!




Agora toca escoitar outra poesía :"Vamos bebendo" na voz do cantautor Amancio Prada e Martirio...Sublime!!!


  E non podían faltar uns LIM para que escoitedes e fagades!!












Un poema: "PARECE UNHA ROSA"





Foron moitos os músicos que escolleron as poesías da nosa Rosalía para porlles música e cantalos. Aquí vos deixamos uns cantos:
(pantalla grande no cadrado)

19 de feb. de 2013

24 FEBREIRO: SEMPRE ROSALÍA!

O 24 de febreiro está oficialmente recollido como o DÍA DE ROSALIA. Ademáis, este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos, 1º libro escrito integramente na nosa lingua.
Por estes motivos, a Biblioteca propón a lectura e recitado das súas poesías nas aulas na hora de ler e tamén o visionado destes vídeos.Se pinchades no título, teredes a letra.







Achegamos  uns enlaces para coñecer máis de cerca á nosa poetisa máis universal.


PARA SABER COUSAS DE ROSALÍA

Dende SOÑOS DE ANDEL, achégannos esta fermosa presentacion coa que seguro que vades aprender unha chea de cousas dela.. CLICA: 
       ROSALÍA: VIDA E OBRA




E, coma sempre, non podía faltar uns LIM:






XOGANDO CON ROSALÍA








Ademáis, no lugar habitual de exposicións, hai coma sempre moitos libriños desta xenial poetisa.


SEMPRE ROSALÍA!!!!

22 de feb. de 2012

24 DE FEBREIRO; ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celebramos o nacemento da nosa poetisa máis universal: ROSALÍA DE CASTRO. Para coñecela un pouco, aquí vos deixo un video no que se resume a súa vida. Está musicado por LUZ CASAL.
Cando nos referimos a ela, sempre nos ven á memoria un nome AMANCIO PRADA, cantante que puxo a voz e musicou extraordinariamente moitos dos seus poemas. Aquí vos deixo un dos máis coñecidos ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Para investigar máis a fondo na súa vida e obra, aquí queda un enlace ó sitio web da fundación Rosalía de Castro. CLICA... WEB DA FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

E... como nos gustan moito os LIM, aquí queda un moi ben feito...Vaiche encantar...Que esperas para CLICAR??????????       XOGANDO CON ROSALÍA