Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións

23 de abr. de 2021

OS MESTRES TAMÉN LEMOS!

 MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!

Para divertirnos cos contos e tamén rirnos un pouco cos/dos nosos mestres (shhhh non llo digades a eles) estivemos xogando a un xogo de adiviñas: De quen é este conto?


Así que os rapaces e rapazas do cole teñen que intentar adiviñar a que mestre pertence cada libro. 

E aquí están as respostas. Cantos acertos tedes?




Que teñades un DÍA DO LIBRO cheo de lecturas que vos leven a sitos máxicos, a vivir mil aventuras e descubrir feitos únicos e extraordinarios.

Porque ler regálanos alegría, sabiduría, diversión e aprendizaxe.


22 de abr. de 2021

XOVES, REMATE FINAL!

 E con moita mágoa a semana de contacontos rematou!

Hoxe foron os cursos de 5º e 6º de Primaria e os peques de 4 e 5 anos os que remataron esta semana de contacontos.

A profe María foi a encargada de  motivar e animar ás rapazas e rapaces de a ler. Trouxo unha gran mostra de literatura para adolescentes que lles encantou e xa están devecendo por que a biblio do cole dispoña deles. Oído cociña!




Os maiores do colexio (6º de EP) escoitaron ben atentos aos contos  da recompilación "17 cuentos. Este loco mundo." que a mestra Diana lles narrou.


 

O profe Sergio, regaloulles unha sesión beeeeen chula os maiores de infantil (5 anos). Estiveron disfrutando do conto "Sopa verde" de Ángela Madeira . Encantoulles! Non sacaron ollo!






E por último, os cativos de 4 anos chegaron a tocar a Lúa da man da teacher Lorena e a través do conto "A que sabe a lúa?" de Michael Grejniec. Foi todo un éxito!!! E hai que dicir, que a lúa en boca das nosas pequenas e pequenos está boíííííísima: desde chocolate, a fresas con nata, queixo e ata patacas fritidas! Uuummmm...




Moitas grazas aos profes, sen vós estas marabillas non serían posibles.

E COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!


21 de abr. de 2021

MÉRCORES DE CANTACONTOS

 QUE SIIIIII!

Hoxe non foron contacontos, hoxe fomos moito máis aló e os peques do cole tiveron a graaaan sorte de que a profe Isa lles cantara os contos da colección "Do berce á lúa" de Antonio Rubio: violín, piñeiro, crocodilo, a paxariña de papel, zapato...

Mirade, mirade a sesión de cantacontos tan divertida que tivo a cativada de 3 aniños de Ed. Infantil

Disfrutaron un montón!





MOITÍÍÍÍÍÍÍSIMAS GRAZAS PROFE ISA!

QUEDAMOS CON GANAS DE MÁIS


20 de abr. de 2021

MARTES DE CONTACONTOS

OUTRA DE CONTOS, POR FAVOR!


Hoxe tiveron o placer de gozar dunhas lecturas súper divertidas e diferentes os rapaces e rapazas de 4º e 2º de Primaria.

A profe Paula foi a encargada de ler unha versión moi actualizada e moito máis en prol da igualdade do tradicional conto de Blancanieves ás rapazas e rapaces de 4º de Primaria. Un libro da serie "Érase dos veces... Blancanieves" de Belén Gaudes e Pablo Macías que ela mesma se encargou de ir narrando en galego, mellor aínda!



Os cativos de 2ºA tiveron unha sesión chea de adiviñas e risas da man do profe Eduardo, que ben o pasaron dándolle voltas aos miolos!



E as nenas e nenos de 2ºB tiveron unha lectura a cargo da teacher Linda, vestida a xogo co conto, que marabilla! O conto titúlase "A miña profe é un monstro!" de Peter Brown. Pero eeeeeeh! Que a nosa teacher non é ningún monstro, nin moito menos!




MOITAS GRAZAS POLAS SESIÓNS DE HOXE MESTRES!








15 de abr. de 2021

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO LIBRO

A vindeira semana conmemoramos a Semana do Libro, e por iso desde BiblioPepiño queremos que nos ensinedes o orgullosos que estades dos vosos libros e contos e o importantes que son para vós.

Así que aquí van dúas propostas:

1-O MEU LIBRO FAVORITO


2-CONCURSO CARTEIS DÍA DO LIBRO


    Agardamos que vos gusten as propostas e vos animedes a participar!

7 de dec. de 2019

DECORACIÓN NADAL ECOLÓXICA

Os alumnos de 2º B e 4º de primaria estiveron a  recoller tapas de botellas de diferentes tamaños, cores, grosores; tamén recolleron cápsulas de café de aluminio e de plástico, redes onde veñen as laranxas, os allos, as patacas,,,, e gardamos cunchas de zamburiñas para estas datas.
Primeiro clasificaron as tapas por: tamaños, cores, grosores...













Seguiron clasificando, esta vez, as cápsulas de café segundo o material: alumnio ou plástico, tamén por tamaños.








Noutra sesión de plástica, pegaron as tapas para facer con elas os bonecos de neve!



Despois pintaron as cápsulas de plástico para convertelas nos gorros dos bonecos!


E tamén facerlles os buratos   e pasarlles o fio para transformalas en campanillas.













Noutra sesión, fixéronlles  buratos ás cápsulas de aluminio, facendo  diversos debuxos. 
Para o rincón tamén prepararon un bonecos de neve e uns renos con caixas de cartón, tapas, anacos vellos de tea, cápsulas e ramas da poda



 Unha vez rematados, colocáronno no recuncho da biblioteca!!!
E, como podedes ver, quedóulles precioso...

Con esforzo, agarimo e traballando en equipo podemos acadar cousas tan marabillosas como éstas. 




Encántanos velos felices e orgullosos dos seus traballos. Non hai mellor maneira de remtar as cousas... sodes XENIAIS RAPACES (E PROFES TAMÉN)

 



Como podemos apreciar nas imaxes, foi un longo e traballoso proceso pero os resultados non podían ser mellores.
Estamos moi orgullosos de vós!


Que chulo quedou!


RASTRIÑO DE NADAL





Esta semana tivemos  o Rastriño de Nadal, unha activivdade na que intercambiamos libros vellos para darlles unha segunda vida e contribuir co coidado do medio ambiente reutilizandoos.





  Durante o mes de novembro estivemos a traer ao cole esos libriños que xa non empregamos e que están parados en estantes ou en caixas na nosa casa. Que mellor que darlles unha segunda oportunidade? O que para nós pode non servir, alguén pode usalo de novo e aproveitalo. 

Nos recreos desta semana estivo aberto o noso rastriño para disfrute dos nenos e nenas do noso cole.  





Nos recreos desta semana estivo aberto o noso rastriño para disfrute dos nenos e nenas do noso cole. 




Estamos moi ledos coa vosa participación e queremos agradecervos o voso esforzo e colaboración. Grazas unha vez máis a todos por facer que as nosas actividades resulten pracenteiras para vós!!



9 de out. de 2019

PDI SALVEMOS O PLANETA

Os alumnos de 1ºA e de 6º fixemos un mural de outono entre todos para decorar o cole.
Como é tan importante reciclar e reutilizar, o material que empregamos foi na súa maioría reciclado. 
Saímos ao monte e recollemos piñas, follas secas... e dímoslle unha nova vida. 
Con material de refugallo que ía sobrando nas nosas casas fixemos os mouchiños.




7 de out. de 2019

MARCHA VERDE POLO MEDIOAMBIENTE

Este venres fixemos unha MARCHA VERDE para defender e promover o coidado do medioambiente.
Fixemos as nosas pancartas con material 100% reciclado.

Foi unha experiencia que compartimos cos coles da comarca.
Xuntos plantamos unha landra nun zapato vello (reutilización).
Deixamos por aquí unhas fotos deste día de convivencia tan estupendo!