30/11/2015

CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano para conmemorar o Día Internacional contra a 

Violencia de Xénero, levamos a cabo varias actividades:


Lemos libros 

relacionados co tema


Vimos vídeos, investigamos, buscamos palabras e inventamos frases para rexeitar a violencia, defender a igualdade entre homes e mulleres.





Logo escribímolas ou 

pintámolas nunhas 

camisetas de 

papel puxémolas 

colgadas por todo o 

cole.


Cada titoría elixiu a súa frase e escribiuna na camiseta do seu ciclo.



O venres, xuntámonos todos no salón de actos e alí, os colaboradores da biblioteca, leron o manifesto en contra da violencia de xénero, vimos un vídeo e por último colocamos as camisetas de ciclo no mural.















Ningún comentario:

Publicar un comentario