5 de nov. de 2015

DEREITO Á IGUALDADE

Imos recordar....  que quere dicir este dereito. 


Vos tedes dereito á igualdade e ao respecto as vosas diferencias. Calquera que sexa a vosa orixe, se es neno ou nena, se practicades diferentes  relixións ou se tedes algunha capacidade diferente... 
Todos os nenos do mundo tedes os mesmos dereitos!!!

Búscao no seguinte vídeo.



Para os máis pequerrechos!!!Conto: Cuatro esquinitas de nada.



   Para os máis maiores 

Cando nacemos ás nenas  vístennosnos  de rosa e aos nenos de azul. Según imos medrando, as veces, dinnos como se comportan os nenos ou o  como que se espera que sexan as nenas. E esto non está ben. Tes dereito a ser como ti queiras ser. Que ninguén te diga como tes  que comportarte polo feito de ser neno ou nena. Encontra a túa propia forma de ser, de xogar, de expresar os teus sentimentos, de vestirte ou de ser feliz. Non hai unha forma de ser nena ou unha forma de ser neno.

A Convención Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas di: “Ninguén debe ser discriminado pola súa apariencia,  cor,  orixen,  idioma, opinións ou sexo”.

Recorda que tamén tes a obriga de respectar como son as nenas e os nenos coos que convives na escola, no barrio ou na casa.

  Conto:Alguien diferente

           

     Todos a cantar!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario