18/11/2015

DEFENDER OS DEREITOS DO NENO É COUSA DE TODOS!

Xa se achega a data da celebración dos Dereitos do Neno!

Temos unha boa selección de libros a vosa disposición para ler na casa, na aula, ou onde vos pete.





Pásate a coller un!



Ou dous... ou un cada día!



Seguro que che van a encantar!

 Este ano, desde a biblioteca, invitámoste a participar na Liga de defensores dos Dereitos do Neno. 



Únete a min e serás un superheroe. 

Para conseguilo tes que elixir un dos Dereitos do Neno e comprometerte a defendelo. Despois cubre este carné cos teus datos e o Dereito que vas defender.

A túa participación é moi importante, porque todos temos dereitos  pero tamén a responsabilidade de facer que os nenos e as nenas de todo o mundo sexan felices!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario