O vindeiro venres, imos a celebrar o Día Internacional contra a
Violencia de Xénero.
Dende a biblioteca
invitámosvos a participar en dúas
actividades:
ELABORACIÓN DO MURAL STOP Á VIOLENCIA!
· Na biblioteca, temos unhas camisetas grandes a disposición de cada ciclo para que escriba a súa frase de rexeitamento á violencia e o venres, no salón de actos, colocaremos todas no mural .
Tamén temos a disposición de todos os que queiran participar, unhas camisetas en papel de cor
branco e outras de cor malva para que cada un dos nenos e nenas, na aula, escribades unha
palabras, unha frase, un poema que rexeite a violencia en calquera das súas
facetas: berros, insultos, zarandeo, ameazas, golpes....morte.
As
camisetas cando estean rematadas irédelas
tendendo polos pasillos a modo dun tendal de roupa a secar.
LECTURA DE OUTRO TIPO DE CONTOS
Esperamos
que vos sexan de utilidade para traballar a coeducación e o bo trato.Estas son
dúas tarefas para todos os días do ano.
Seguro que vos van a gustar.
Vide a buscalos, estanvos
esperando!
Tamén vos deixamos estes vídeos e contos para que
escollades o ou os que vos gusten.
CONTO "O MENIÑO NIOT :ENTÓN OS HOMES CHORAN OU NON?"
Conto " Un papá a la medida"
Conto " La cenicienta que no quería comer perdices
Entre todos imos a sacarlle tarxeta vermella ao
maltratador!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario