Todos os
nenos, dende o seu nacemento teñen dereito a ter un nome e un apelido. Todos os
nenos deben ser rexistrados nada máis nacer. Deste xeito o neno é recoñecido
por parte do Estado, o seu rexistro vai permitir recoñecer as relacións de parentesco
que o unen aos seus pais biolóxicos.
DEREITO DOS NENOS A TER UNHA NACIONALIDADE
Desde o seu nacemento, un neno ten dereito a adquirir unha nacionalidade.
Esta nacionalidade pode ser de dous tipos:
-Nacionalidade orixinaria ou de sangue: o neno
adquire a nacionalidade dos seus pais desde o momento do seu nacemento.
- Nacionalidade por residencia: aínda que os seus pais
teñan outra nacionalidade, o neno adquire a nacionalidade do pais onde
nace.
A nacionalidade obtense ao rexistrarse no Rexistro Civil.
Esta inscrición é moi importante porque constitúe a pertenza dunha persoa a
unha nación.
QUE OCORRE SE UN NENO NON TEN DOCUMENTO DE
IDENTIFICACIÓN?
Corre o risco de quedar sen acceso aos servizos fundamentais
como: educación, sanidade...
Polo tanto que os nenos teñan unha identidade convértese
nun dereito fundamental para ser recoñecido polo goberno do seu pais como parte
da sociedade que o compón.
Ter un nome e un apelido é moito máis que dúas palabras, significa
ser recoñecido non só polos seus pais, senón por todos os paises do mundo, e
polo tanto estará protexido polas leis.
br />
Ningún comentario:
Publicar un comentario