Este vídeo é o resumo das actividades da Conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Dende o Equipo da biblioteca queremos amosar o noso agradecemento aos titores, mestres e rapaces pola vosa colaboración, sen ela nada disto sería posible.
30 de nov. de 2015
CONMEMORAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este ano para conmemorar o Día
Internacional contra a
Violencia de Xénero, levamos a cabo varias actividades:
Lemos libros
relacionados co tema
relacionados co tema
Vimos vídeos, investigamos, buscamos palabras e inventamos frases para rexeitar a violencia, defender a igualdade entre homes e
mulleres.
Logo escribímolas ou
pintámolas nunhas
camisetas de
papel puxémolas
colgadas por todo o
cole.
Cada titoría
elixiu a súa frase e escribiuna na camiseta do seu ciclo.
O venres, xuntámonos todos no salón de actos e alí, os colaboradores da biblioteca, leron o manifesto en contra da violencia de xénero, vimos un vídeo e por último colocamos as camisetas de ciclo no mural.
27 de nov. de 2015
Na honra de Neiras Vilas

Hoxe finou un dos máis grandes autores
da literatura galega. NEIRAS VILAS.
Deixanos unha extensa obra literaria. Pero
hai un libro moi especial MEMORIAS DUN
NENO LABREGO. Esta obra foi publicada
hai 55 anos. Esta é a obra máis vendida e
traducida da literatura galega.
Pero nas nosas
mans, nas nosas
bibliotecas... quedan para sempre as súas palabras.
Hasta sempre!
23 de nov. de 2015
ACTIVIDADES PARA EDUCAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O vindeiro venres, imos a celebrar o Día Internacional contra a
Violencia de Xénero.
Dende a biblioteca
invitámosvos a participar en dúas
actividades:
ELABORACIÓN DO MURAL STOP Á VIOLENCIA!
· Na biblioteca, temos unhas camisetas grandes a disposición de cada ciclo para que escriba a súa frase de rexeitamento á violencia e o venres, no salón de actos, colocaremos todas no mural .
Tamén temos a disposición de todos os que queiran participar, unhas camisetas en papel de cor
branco e outras de cor malva para que cada un dos nenos e nenas, na aula, escribades unha
palabras, unha frase, un poema que rexeite a violencia en calquera das súas
facetas: berros, insultos, zarandeo, ameazas, golpes....morte.
As
camisetas cando estean rematadas irédelas
tendendo polos pasillos a modo dun tendal de roupa a secar.
LECTURA DE OUTRO TIPO DE CONTOS
Esperamos
que vos sexan de utilidade para traballar a coeducación e o bo trato.Estas son
dúas tarefas para todos os días do ano.
Seguro que vos van a gustar.
Vide a buscalos, estanvos
esperando!
Tamén vos deixamos estes vídeos e contos para que
escollades o ou os que vos gusten.
CONTO "O MENIÑO NIOT :ENTÓN OS HOMES CHORAN OU NON?"
Conto " Un papá a la medida"
Conto " La cenicienta que no quería comer perdices
Entre todos imos a sacarlle tarxeta vermella ao
maltratador!!!
21 de nov. de 2015
STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO!
Internacional contra a Violencia de Xénero.
A finalidade desta
celebración é a prevención de toda forma de violencia, en especial a dirixida
ás mulleres.

O noso obxectivo é
sensibilizar a Comunidade Educativa o
significado das consecuencias da violencia exercida sobre as mulleres.
Esta semana que entra,
realizaremos varias actividades, mentres deixámosvos estes vídeos para que vaiades
pensando un pouco.
O libro dos porcos
20 de nov. de 2015
TRABALLANDO OS DOS DEREITOS DO NENO
Hoxe celébrase o Día da
Infancia.
Nós, seguindo a
invitación proposta polo Equipo da
biblioteca, ao longo destas semanas
estivemos traballando os Dereitos dos Neno investigando, lendo, cantando,
debuxando... e consultando as entradas deste blog.
Recordámolos?
Despois de coñecelos polo miúdo,
pasamos a formar parte da Liga de defensores dos Dereitos do Neno. A continuación comprometémonos
a defender un Dereito en calquera momento, situación...das nosas vidas.
E para rematar fixemos o noso
carné que colocamos no taboleiro xunto co mural.
Esta canción é da película " El extraordinario viaje de LUCIUS DUMB"
18 de nov. de 2015
DEFENDER OS DEREITOS DO NENO É COUSA DE TODOS!
Temos unha boa selección de libros a vosa disposición para ler na casa, na aula, ou onde vos pete.
Seguro que che van a encantar!
Para conseguilo tes que elixir un dos Dereitos do Neno e comprometerte a defendelo. Despois cubre este carné cos teus datos e o Dereito que vas defender.
A túa participación é moi importante, porque todos temos
dereitos pero tamén a responsabilidade
de facer que os nenos e as nenas de todo o mundo sexan felices!!!
17 de nov. de 2015
LIM: DEREITOS DOS NENOS
Ola rapaces!
Xa levamos varios días traballando os Dereitos do Neno, e xa coñecemos algúns deles.
Que vos parece facer un repasiño con este LIM feito por Rosa González Blanco?
Seguro que ides a descubrir canto sabedes!!!
Xa levamos varios días traballando os Dereitos do Neno, e xa coñecemos algúns deles.
Que vos parece facer un repasiño con este LIM feito por Rosa González Blanco?
Seguro que ides a descubrir canto sabedes!!!
11 de nov. de 2015
DEREITO Á PROTECCIÓN E COIDADO
Hoxe imos
traballar un novo dereito : DEREITO Á PROTECCIÓN E COIDADOS
Este dereito di: O neno gozará dunha protección especial e disporá de
oportunidades, dispensando todo pola la lei e por outros medios, para que poida
desenvolverse física, mental, moral, espiritual e socialmente de forma saudable
e normal, en condicións de liberdade e dignidade.
Lemos este conto
Este vídeo seguro
que vos fan pensar un pouquiño e descubrir o privilexiados que sodes!
10 de nov. de 2015
DEREITO A NON SER DISCRIMINADO
O dereito dos nenos a non ser discriminados é un dos catro principios fundamentais, isto quere dicir que todos os nenos deben desfrutar de todos os dereitos. Todos os nenos deben ser tratados, protexidos e coidados do mesmo xeito.
Pero, en moitas ocasións os nenos son vítimas da discriminación
Non te esquezas! Unha persoa poder ter unha discapaciade pero moitas capacidades.
A xogar polos dereitos!!
Crea caras
9 de nov. de 2015
DEREITO A TER UN NOME E UNHA NACIONALIDADE
O DEREITO DOS NENOS A TER NOME E UNHA NACIONALIDADE

br />

Todos os
nenos, dende o seu nacemento teñen dereito a ter un nome e un apelido. Todos os
nenos deben ser rexistrados nada máis nacer. Deste xeito o neno é recoñecido
por parte do Estado, o seu rexistro vai permitir recoñecer as relacións de parentesco
que o unen aos seus pais biolóxicos.
DEREITO DOS NENOS A TER UNHA NACIONALIDADE
Desde o seu nacemento, un neno ten dereito a adquirir unha nacionalidade.
Esta nacionalidade pode ser de dous tipos:
-Nacionalidade orixinaria ou de sangue: o neno
adquire a nacionalidade dos seus pais desde o momento do seu nacemento.
- Nacionalidade por residencia: aínda que os seus pais
teñan outra nacionalidade, o neno adquire a nacionalidade do pais onde
nace.
A nacionalidade obtense ao rexistrarse no Rexistro Civil.
Esta inscrición é moi importante porque constitúe a pertenza dunha persoa a
unha nación.
QUE OCORRE SE UN NENO NON TEN DOCUMENTO DE
IDENTIFICACIÓN?
Corre o risco de quedar sen acceso aos servizos fundamentais
como: educación, sanidade...
Polo tanto que os nenos teñan unha identidade convértese
nun dereito fundamental para ser recoñecido polo goberno do seu pais como parte
da sociedade que o compón.
Ter un nome e un apelido é moito máis que dúas palabras, significa
ser recoñecido non só polos seus pais, senón por todos os paises do mundo, e
polo tanto estará protexido polas leis.
br />
8 de nov. de 2015
DEREITO A ALIMENTACIÓN, A UN FOGAR, A XOGAR, E ATENCIÓN MÉDICA
Estes son os teus dereitos. Recordaos!!!
Derechos del niño from Felix Sarmiento
Hoxe traballaremos este dereito: Dereito a alimentación, a ter un fogar, a xogar e a recibir atención médica axeitada.

O neno terá dereito a medrar en boa saúde, a desfrutar de alimentación, fogar e servicios médicos axeitados
Pero desgraciadamente moitos nenos vense privados deste dereito.
Xogos :
Sopa de letras: Os dereitos do neno
Isla dos dereitos
5 de nov. de 2015
DEREITO Á EDUCACIÓN
Que
significa ter dereito á educación?
Quere dicir que ningún neno ou nena pode quedar excluído do sistema educativo.
O Estado debe garantir unha ensinanza gratuíta e de calidade e un trato digno
Quen ten dereito a educación?
Todos os nenos e adolescentes, sen importar o seu xénero, raza, relixión,
clase social ou capacidade intelectual.
Estudan todos os nenos e nenas?
Desgraciadamente moitos nenos do mundo non van a escola porque teñen que
traballar, porque non teñen unha escola preto dos seus fogares, porque o seu
pobo está en guerra, porque non teñen familia....
Recordamos?
Estes contos poden servir para que pensedes o afortunados que sodes!!!
Conto: Saray
Conto: El niño ajo
Busca nesta sopa de letras os teus deberes
Outra canción!
DEREITO Á IGUALDADE
Imos recordar.... que quere dicir este dereito.
Vos tedes dereito á igualdade e ao respecto as vosas diferencias. Calquera que sexa a vosa orixe, se es neno ou nena, se practicades diferentes relixións ou se tedes algunha capacidade diferente...
Todos os nenos do mundo tedes os mesmos dereitos!!!
Búscao no seguinte vídeo.
Vos tedes dereito á igualdade e ao respecto as vosas diferencias. Calquera que sexa a vosa orixe, se es neno ou nena, se practicades diferentes relixións ou se tedes algunha capacidade diferente...
Todos os nenos do mundo tedes os mesmos dereitos!!!
Búscao no seguinte vídeo.
Para os máis pequerrechos!!!Conto: Cuatro esquinitas de nada.
Para os máis maiores
Cando nacemos ás nenas vístennosnos de rosa e aos nenos de azul. Según imos medrando, as veces, dinnos como se comportan os nenos ou o como que se espera que sexan as nenas. E esto non está ben. Tes dereito a ser como ti queiras ser. Que ninguén te diga como tes que comportarte polo feito de ser neno ou nena. Encontra a túa propia forma de ser, de xogar, de expresar os teus sentimentos, de vestirte ou de ser feliz. Non hai unha forma de ser nena ou unha forma de ser neno.
A Convención Internacional dos Dereitos dos Nenos e as Nenas di: “Ninguén debe ser discriminado pola súa apariencia, cor, orixen, idioma, opinións ou sexo”.
Recorda que tamén tes a obriga de respectar como son as nenas e os nenos coos que convives na escola, no barrio ou na casa.
Conto:Alguien diferente
Todos a cantar!!!!
4 de nov. de 2015
UNHA DATA PARA NON ESQUECER: DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NENOS
Durante as próximas semanas
imos a lembrar que os nenos tedes Dereitos, Os Dereitos do Nenos.
Dereito a unha vida sá e alegre, a que vos den abrazos e aloumiños, a que vos lean contos, a que coiden da vbsa saúde, a ter amigos....
Pero tamén tedes a responsabilidade de facer que todos os nenos e nenas que vos rodean sexan máis felices!
Dereito a unha vida sá e alegre, a que vos den abrazos e aloumiños, a que vos lean contos, a que coiden da vbsa saúde, a ter amigos....
Pero tamén tedes a responsabilidade de facer que todos os nenos e nenas que vos rodean sexan máis felices!
Así foi como empezou esta celebración:
Fai moito tempo, despois da
Primeira Guerra Mundial, unha señora inglesa que se chamaba Eglantyne Jebb, á que lle encantaban os nenos,
creou unha organización no seu país para axudalos.

En Xinebra pareceulles moi
ben a idea e o 6 de xaneiro de 1920 crearon a Unión Internacional de Socorro aos
Nenos. Esto alegrou moito a Eglantyne Jebb. Seguiu traballando e catro anos máis
tarde conseguiu que as Nación Unidas se reuniran outra vez e pensaran todas xuntas cales eran as cousas que
precisaban os nenos.
Despois de moito traballo,
lograron que en 1959 se aprobara a Declaración dos Dereitos dos Nenos, na que
se recollían os dez dereitos .A Asemblea Xeral da ONU recomendou que todos os
países instituíran o Día Universal do Neno.
Tras a declaración dos Dereitos do Neno,
en 1.989 lévase a cabo a Convención sobre os Dereitos do Neno, que tivo lugar
en Nueva York na que se nomean 54 dereitos dos nenos.
Pero sabedes que son os Dereitos dos Nenos?
Escoitade os vosos dereitos e a impotancia que teñen.
Resumindo, estes son os 10 dereitos!
Pero sabedes que son os Dereitos dos Nenos?
Escoitade os vosos dereitos e a impotancia que teñen.
Resumindo, estes son os 10 dereitos!
Pero tedes moitos máis. Escoitade aos nenos de 3º como os contan!
E agora, queredes cantalos? Veña!
Pero non vos esquezades que tamén tedes deberes!!! Mafalda recórdanolos
Xa coñecemos os principais Dereitos dos Nenos,durante as vindeiras semanas traballaremos sobre este importantísimo tema.
Empezamos!!!
Dereito a ter unha familia e que a
sociedade nos protexa
Conto: Sofía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)