15 de out. de 2015

SEGUIMOS HOMENAXEANDO AS BIBLIOTECAS!

Ola a todos!

Xa falta moi pouquiño para celebrar  o Día das Bibliotecas! Será o  venres día 23 no salón de actos.

Mentres, porque sabemos que vos gusta ler, propómosvos un novo RETO !

Pódevos a pensar en libros que teñades lido e elexide un que vos gustou moito, moito! Ou o que recordedes dun xeito especialOu o primeiro libro que recordas.....


Xa está?

Pois man a obra! Ides a debuxar a súa portada, escribir o seu autor


Pásate pola biblioteca  ou coa vosa   titora e elixe unha plantilla dun libro.




Os participantes tedes que deixar o voso libro na biblioteca antes do mércores 21.

Con todos eles,  faremos algo moi especial!!!

Estamos impacientes esperando por eses libros!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario