4 de out. de 2015

PARA ESTE OUTONO: XOGOS

Estamos no outono, esa estación máxica, chea de cores: vermellos, laranxas, amarelos..., tamén de choiva e vento. É unha estación estupenda para ler, debuxar,  para escoitar música, escribir poemas, adiviñas...


Xogos
Non quero xogar ó feito
e tampouco irei ós niños.
¡Non quero facerlles mal
ós coitados paxariños...!

-¡Non quero xogar ás bólas
nen ver roula-lo peón!
¡Tampouco quero correr
dando couces a un balón!

-¡Non xogarei ó escondite,
nen a xustiza e ladrós
anque eu sexa o capitán
e teña o mando dos bos!

-¿Dime a que queres xogar?
Dime, neno, o teu anceo.
-¡Quero ter un avión

pra percorrer todo o ceo!
                        
                         Manuel María

Uxío Novoneyra evoca o outono neste fermoso e sinxelo poema "Caen as follas". No vídeo está musicado por Emilio Cao.



Dende a biblioteca animámosvos  a que fagades debuxos, contos, poemas, adiviñas... sobre o outono  e os traiades para compartir cos vosos compañeiros.

Tamén é unha estación para XOGAR, por iso vos deixamos  estes xogos


Xogos


 Crea  as túas criaturas otoñais!




Ningún comentario:

Publicar un comentario