5 de out. de 2015

OUTUBRO, O MES DAS BIBLIOTECAS!

Ola rapaces!
Como ben sabedes estamos en outubro, o mes adicado as Bibliotecas. O vindeiro 24 é o Día Grande. 
Celebrarémolo  todos no salón de actos.

Por que se celebra este día?
Un triste recordo, a destrución dunha biblioteca. En agosto de  1992 produciuse, durante a guerra dos Balcáns, a destrución da BIBLIOTECA DE SARAJEVO.

En memoria deste desastroso acto, A Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil propuxo a conmemoración do DÍA DAS BIBLIOTECAS para que nos concienciemos da importancia das bibliotecas nas nosas vidas.


Dende a nosa biblioteca, tamén queremos sumarnos a celebración.

Para empezar deixámosvos estes vídeos e animacións!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario