5 de out. de 2015

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O Equipo da Biblioteca proponvos a todas as titorías participar nas actividades programadas para esta celebración.
 Imos facelo dun xeito especial!
Primeira actividade
Debedes elixir un conto tradicional: Carapuchiña vermella, Os tres porquiños, Alicia no país das Marabillas....



Se queres lelos pinchas nas imaxes







Con el traballaredes na aula e ademais propómosvos un RETO:

Inventar por grupos, parellas ou individualmente unha adiviña, un poema...
Na biblioteca están as plantillas preparadas, nelas escribiredes  por unha cara a vosa adiviña, poema; pola outra debuxaredes a solución.  

Con todas faremos uns libriños.

ANÍMATE  E PARTICIPA!!!

Este é un exemplo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario