Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

25 de feb. de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 Cada 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, unha data moi especial para a nosa cultura xa que rememoramos a figura e o legado de Rosalía de Castro, unha das voces máis importantes da nosa literatura e símbolo da identidade de Galicia.

En BiblioPepiño, esta conmemoración convertiuse nunha oportunidade para achegar o alumnado á súa obra e á súa figura desde unha mirada creativa e artística. 

Este ano fixémolo a través do proxecto de centro "Pinceladas na Sangriña", no que interpretamos o seu retrato en segundo diferentes artistas, relacionando a arte coa literatura e coa expresión emocional.


Ademáis o equipo de Dinamización de Lingua Galega grabou con varios alumnos/as do noso centro un poema de Rosalía de Castro en múltiples idiomas: francés, ruso, italiano, inglés...
 QUÉ MARABILLA!

28 de feb. de 2025

CALDO DE GLORIA

 Para conmemorar o día de Rosalía o equipo de dinamización da lingua galega, en colaboración co alumnado de sexto de primaria, elaborou, para todo o centro un CALDO DE GLORIA.

Coñecimos a súa receita:

Dende primeira hora da mañá o cole arrecendeu a patacas, grelos e feixóns...

Pero o máis emocionante foi ver a cara do noso alumnado probando e repetindo unha, dous e incluso tres veces... xa que o caldo estaba delicioso!!!



4 de mar. de 2016

TODOS CON ROSALÍA!


O pasado martes, o tempo  deunos un respiro, e aínda  que con un pouco de retraso, os centros escolares xuntámonos na praza do Concello para lembrar a Rosalía de Castro polo seu día, invitados polo Concello
 Alí, lemos un pequeno manifesto, escoitamos a lectura dun poema e cantamos: Adiós ríos, adiós fontes...

Tamén aproveitamos este día para levar para as nosas casas as postais que fixemos alusivas a Rosalía e a súa obra.


1 de mar. de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA!

Celebramos o Día de Rosalía!

Este ano, seguindo a iniciativa  da AELG , unímonos a súa proposta e os nosos rapaces e rapazas fixeron unha tarxeta cun debuxo e un poema de Rosalía que levaron para as súas casas. 











22 de feb. de 2016

POEMAS DE ROSALÍA MUSICADOS













UNHA POSTAL DE ROSALÍA

 Nunha entrada anterior propuxémosvos deseñar unha postal alusiva a Rosalía.
Xa temos un deseño preparado esperándovos!




Pasádevos a recollelo! Cando teñades  a postal rematada encantaríanos que voltara a biblioteca unhas horas antes de marchar para as vosas casas

RECITANDO A ROSALÍA NA LINGUA QUE EU FALO

Esta semana ímola a dedicar a esa poeta galega mundial: Rosalía de Castro.

Comezamos a semana escoitando estes poemas de Rosalía recitados por vós mesmos!








17 de feb. de 2016

ACTIVIDADES CON ROSALÍA DE CASTRO

Este ano  a Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) para expandir o poder das palabras de Rosalía de Castro entre todos, convídanos aos centros escolares, a celebrar o seu día con  actividades colectivas encamiñadas a difusión da súa obra.


A proposta é:

Deseñar  e enviar unha postal alusiva ao Día de Rosalía, cun verso ou unha estrofa e un debuxo alusivo a Rosalía.
Como texto propóñennos a seguinte estrofa de "Alborada" de Cantares gallegos.

Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.


Unha vez teñamos as postais, o día 24 levaredes as postais para casa como agasallo. 

Agora escoitade "Alborada" nas voces de Lucía Pérez e Rosa Cedrón.



Aquí vos deixamos estos Symbaloo sobre Rosalía de Castro para que poidades desfrutar coñecendo a súa obra.




16 de feb. de 2016

MOBILIZANDO A ROSALÍA


O vindeiro día 24, é o Día de Rosalía de Castro.
Nesta data celebramos e recordamos especialmente o nacemento da nosa máis ilustre poetisa galega.


Que mellor maneira de comezar as actividades para a celebración que recordándoa  e coñecéndoa!