Este ano a Asociación de Escritores de Lingua Galega (AELG) para expandir o poder das palabras de Rosalía de Castro entre todos, convídanos aos centros escolares, a celebrar o seu día con actividades colectivas encamiñadas a difusión da súa obra.
A proposta
é:
Deseñar e enviar unha postal alusiva ao Día de
Rosalía, cun verso ou unha estrofa e un debuxo alusivo a Rosalía.
Como texto
propóñennos a seguinte estrofa de "Alborada" de Cantares gallegos.
Canta,
paxariño alegre,
canta!
Canta porque
o millo medre,
canta!
Canta porque
a luz te escoite,
canta!
Canta que
fuxeu a noite.
Unha vez
teñamos as postais, o día 24 levaredes as postais para casa como agasallo.
Agora escoitade "Alborada" nas voces de Lucía Pérez e Rosa Cedrón.
Aquí vos deixamos estos Symbaloo sobre Rosalía de Castro para que poidades desfrutar coñecendo a súa obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario