O pasado martes, o tempo deunos un respiro, e aínda que con un pouco de retraso, os centros
escolares xuntámonos na praza do Concello para lembrar a Rosalía de Castro polo
seu día, invitados polo Concello
Alí, lemos un pequeno manifesto, escoitamos a
lectura dun poema e cantamos: Adiós ríos, adiós fontes...
Tamén aproveitamos este día para
levar para as nosas casas as postais que fixemos alusivas a Rosalía e a súa
obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario