Esta semana está sendo moi especial no cole.
Estamos cheos de actividades pero queremos destacar o DÍA DOS MUSEOS. Queremos incidir nesta conmemoración porque, como sabedes, levamos todo o ano traballando arreo, aprendendo moitas cousas de diferentes artistas e hoxe todo o esforzo culminou con pequenas presentacións do alumnado de todas as aulas expoñendo o seu traballo de investigación aos diferentes cursos.
Durante toda a mañá en diferentes quendas, o alumnado distribuiuse polas aulas para falar sobre o seu artista.
Finalmente agasallaron a cada aula cun tríptico, para poder recordar de novo todo o comentado.
Ao rematar a xornada o alumnado axudante de biblio repartiu entre as familias trípticos informativos sobre: Paul Klee, Kandinsky, Dalí, Yayoi Kusama....Temos un cole con moita arte!




Ningún comentario:
Publicar un comentario