Hoxe conmemoramos o Día Escolar das Matemáticas, unha ocasión perfecta para lembrar que as matemáticas están presentes en moitos momentos do noso día a día… ¡e tamén nos xogos!
Dende BiblioPepiño queremos poñer en valor a importancia de aprender manipulando, experimentando e divertíndonos. Os xogos de mesa convértense nun recurso fantástico para desenvolver habilidades lóxico-matemáticas de maneira natural e motivadora. A través deles traballamos a atención, a estratexia, o cálculo mental, a orientación espacial, a resolución de problemas ou a planificación, entre outras moitas destrezas.
Para celebrar este día especial, preparamos unha pequena selección de xogos cos que o alumnado pode aprender matemáticas mentres xoga e comparte momentos cos compañeiros e compañeiras.
Os xogos de mesa axudan a converter as matemáticas nunha experiencia divertida e significativa. Cando o alumnado xoga: experimenta sen medo ao erro, busca solucións, crea estratexias, coopera cos demais e desenvolve o pensamento crítico.
Porque aprender matemáticas tamén pode ser emocionante…
e en BiblioPepiño sabemos que os xogos son unha gran porta para descubrir todo o que as matemáticas nos poden ofrecer.
¡Animádevos a xogar e a aprender con nós!

Ningún comentario:
Publicar un comentario