22 de maio de 2026

OBRADOIRO EN FAMILIA: BOTÁNICA EN ACUARELA

Dende BiblioPepiño, dentro do programa Lectura e Familias, abrimos as inscricións para un  obradoiro dirixido ás familias e ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, unha proposta moi especial na que arte, creatividade e aprendizaxe irán da man.

Nesta ocasión teremos a sorte de contar coa participación de Gemma Marqués, artista plástica, docente e xestora cultural vinculada ao mundo da arte e da educación. 

Licenciada en Belas Artes, desenvolve o seu traballo artístico en La Casa Taller, un espazo creativo situado na Guarda, onde combina a creación artística coa formación de persoas de todas as idades. A súa obra abrangue diferentes disciplinas como a pintura, o retrato, os murais e a acuarela, sempre cunha mirada moi sensible cara á expresión artística e á creatividade.

Ademais da súa traxectoria como artista, Gemma destaca polo seu labor divulgador e educativo, organizando cursos, obradoiros e experiencias creativas que achegan a arte dunha maneira vivencial e inspiradora ao público infantil e adulto.

Será unha magnífica oportunidade para crear, experimentar e gozar da arte da man dunha profesional, nun ambiente creativo e participativo.

As prazas son limitadas, polo que animamos ás familias interesadas a formalizar a inscrición canto antes, no seguinte enlace:

Agardámosvos para compartir unha tarde chea de cor, imaxinación e arte! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario