3 de maio de 2021

Ledicia Costas!

 Atención, atención!

Os rapaces e rapazas de 5º curso de Ed. Primaria tiveron a grandísima boa de contactar con Ledicia Costas!

A proposta xorde a través da lectura do conto "A señorita Bubble, baixo cero" coa que estiveron traballando. A súa mestra Mari organizou unha actividade en torno a este conto no que os nenos e nenas tiñan que seguir a historia que acababan de ler.

Despois de ver os bos traballos que fixeron todos, non quedaba máis remedio que invitar á escritora do conto a ler estes pequenos relatos inventados polos nosos alumnos e alumnas. 

E cal foi a sorpresa? Que a propia escritora do conto, Lecidia Costas, quedou impresionada e mooooi agradecida polo interese e a boa acollida da rapazada de 5º.

Aquí tedes o link ao blog "Ó pé do castro" no que podedes disfrutar das historias dos nenos e nenas e ver a mensaxe que Ledicia lles escribiu.

http://opedocastro.blogspot.com/2021/05/escribiunos-ledicia-costas.html

Noraboa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario