O pasado 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas e para mostrar o ben orgullosos que estamos da nosa lingua os alumnos e alumnas do CEIP A Sangriña estiveron inmersos nunha chea de propostas por parte do equipo de Dinamización Lingüística.
Podedes ver as activadades que estiveron facendo no seguinte enlace ou na web oficial do cole, aquí volo deixamos:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1089
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1088
Pero as rapazas e rapaces de 6º de Ed. Primaria tamén quixeron homenaxear a Xela Arias e por iso "interviron" o colexio con nada menos ca 911 versos dos seus poemas. Non quedou recuncho en todo o cole sen poemas, mirade:
Que inicativa tan marabillosa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario