O vindeiro día 21 de marzo,
celébrase o Día Internacional da Poesía.
Ese día tamén estreamos
estación: A primavera. Nesta estación altérnanse días de chuvia e sol.Estas
condición climatolóxicas dan o título da actividade que temos preparada para que traballemos a poesía durante este mes:
Chuvia de poesías.
Estade atentos aos carteis que
irán aparecendo estas semanas no recuncho que estamos preparando!
Xa temos unha morea de poemas
preparados que moi pronto van caer en forma de chuvia.
Como?
Asomádevos polo patio, diante
das ventás da biblio e... que pasará?
Ningún comentario:
Publicar un comentario