O mes de febreiro, adicámosllo especialmente á nosa poetisa máis universal:
Rosalía de Castro
Imos empezar por recordar a súa BIOGRAFÍA:
Xa vimos que un dos seus libros principais é:
Pois....aquí vos deixamos as poesías deste fermoso libro
( pincha no número)
E agora uns LIM cos que aprendemos unha chea de cousas:
ROSALÍA DE CASTRO
Para os máis maiores...
Agora oiremos algúns poemas musicados:
"Negra Sombra"
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
|
VOZ e GUITARRA: Najla Shami
GUITARRA e ARRANXOS: Pedro Pascual
VIOLA e ARRANXOS PARA VIOLA DA GAMBA: Xurxo Varela
"Campanas de Bastabales"
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
CORAL CASABLANCA -VIGO
"Airiños, airiños aires"
Alumnado do IES de BARXAS
Alumnado do IES de BARXAS
"Xan"QuempallouXan vai coller leña ó monte Xan vai a compoñer cestos Xan vai a poda-las viñas Xan vai apaña-lo esterco E fai o leito i-o caldo... Xan en fin é un Xan completo Deses que a cada muller Lle conviña un polo menos Pero cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro... Pepa, afortunada Pepa, Muller do Xan que sabemos, Mentres seu home traballa Ela lava os pés no rego; Cátalle as pulgas ó gato, Peitea os longos cabelos, Bótalles millo ás galiñas, Marmura co irmán do crego Pero cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro... E cando Xan pola noite Chega cansado e famento, Ela xa o espera entre as mantas e ó velo entrar dille quedo: -Por Dios non barulles moito que me estou mesmo morrendo -Pois qué tes ña mulleriña? -Que hei de ter? deita eses nenos, Que esta madre roe en min Cal roe un can nun codelo I-ó cabo ha de dar comigo Nos terrós do cimiterio Pero cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro... -Pois veña Pepa toma un trago De resolio que aquí teño E durme ña mulleriña Mentres os meniños deito. De bágoas se enchen os ollos De Xan ó ver tale feitos Mais non temás que, entre mil, N’hai máis que un anxo entre os demos, N’hai máis que un atormentado Entre mil que dan tormentos!! Porque cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro Porque cando un busca un Xan Case sempre atopa un Pedro.
"Rosalía pequeniña"
Uxía
"Vamos bebendo"
Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo.
I hei de vendelos caros
polo Xaneiro,
i hei de xunta-los cartos
para un mantelo,
i heino de levar posto
no casamento,
i hei...
Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos,
andando o tempo.
I hei de vendelos caros
polo Xaneiro,
i hei de xunta-los cartos
para un mantelo,
i heino de levar posto
no casamento,
i hei...
Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentas non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
co galo negro,
para poñe-los ovos,
e todo aquelo
do Xaneiro, dos cartos,
i o casamento,
miña prenda da ialma,
¡vamos bebendo!
Miña prenda da ialma,
¡vamos bebendo!
Miña prenda da ialma,
¡vamos bebendo!
"Un repoludo gaiteiro"
Amancio Prada
"Alborada"
Lucía Pérez&Rosa Cedrón
Vaite,noite va fuxindo
vente aurora vente abrindo,
co teu rostro que sonrindo
¡a sombra espanta!.
vente aurora vente abrindo,
co teu rostro que sonrindo
¡a sombra espanta!.
¡Canta paxariño,canta
de polinya en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,polo monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!
de polinya en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde,polo monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!
¡Canta paxariño alegre,canta!
¡Canta porque o millo medre canta!
¡Canta porque a luz te escoite
canta!Canta que fuxéu anoite.
¡Canta porque o millo medre canta!
¡Canta porque a luz te escoite
canta!Canta que fuxéu anoite.
Noite escura logo ven e moito dura
co seu manto de tristura,
con meigallos e temores,agoreira de dolores,
agarimo de pesares, cubridora en todo mal.¡Sal!
co seu manto de tristura,
con meigallos e temores,agoreira de dolores,
agarimo de pesares, cubridora en todo mal.¡Sal!
Que a auriña co ceu colora
cuns arbores que namora,
cun sembrante de ouro e prata
teñidiño de escarlata.
cuns arbores que namora,
cun sembrante de ouro e prata
teñidiño de escarlata.
Cuns vestidos de diamante
que lle borda o sol amante
entre as ondas de cristal.
que lle borda o sol amante
entre as ondas de cristal.
¡Sal! señora en todo mal,
que o sol xa brilla
nas cunchiñas do areal que a luz do día
viste a terra de alegría,que o sol,
derrete con amor a escarcha fría.
"Non che teño medo Moucho!"
Alumnado do IES de BARXAS
que o sol xa brilla
nas cunchiñas do areal que a luz do día
viste a terra de alegría,que o sol,
derrete con amor a escarcha fría.
"Non che teño medo Moucho!"
Alumnado do IES de BARXAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario