Cada 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, día que foi instituído en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como "unha
xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da
reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que “o amor é
mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a
guerra” (Vidal, 1972).

Tamén neste día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.
Lede con atención o que se di nesta presentación sobre a Paz:
Dende o CEIP MARCOS DA PORTELA, chéganos o que eles chamaron un PAZCIONARIO. ATENT@S.... porque é fermosooooo
Agora uns contiños :
My rainbow race. Canción de Paz. Version en galego
O poeta galego CELSO EMILIO FERREIRO, deixounos hai xa moitos anos unha fermosa poesía:"Irmaus" que agora vos deixamos en imaxes para que reflexionedes!!
Máis moderna é esta canción da cantante galega SES para que pensen os maiores e non tan maiores!!
Le con moita atención a historia de SADAKO:
Agora en imaxes....SADAKO E AS MIL GRULLAS DE PAPEL
Ningún comentario:
Publicar un comentario