Amosando publicacións coa etiqueta o noso cole. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta o noso cole. Amosar todas as publicacións

7 de xuño de 2021

RUMBO A UNHA ESTRELA: A NOSA TRAXECTORIA

E CASE, CASE ESTAMOS REMATANDO A NOSA VIAXE CARA AS ESTRELAS.

Estas son só unha pequena mostra de todo o que se fixo arredor deste proxecto tan bonito e tan máxico. Todo o alumnado, de pequenos a maiores, fixeron moitísimas cousas e agora xa saben un montón do nosos Universo!

Os peques de 3 anos:

     


Os de 5 anos:






En 4º de Ed. Primaria:






En 5º de Ed. Primaria, na materia de Art&Crafts:




E por suposto, toooooodas as demais actividades levadas a cabo durante o curso e das que xa fumos dando conta.

Como vedes, este curso tivemos momento para viaxar por todas as materias e aprender de todo da man deste PDI.


Para pechar este curso recordamos a mensaxe de Leonardo da Vinci:

"Fixa o teu rumbo a unha estrela e poderás navegar a través de calquera tormenta."

Noraboa a todos!


UN UNI-VERSO NA CLASE DE 6º

Benvidos/as ao marabilloso Uni-Verso dos alumnos/as de 6º de Ed. Primaria!

Estes rapaces e rapazas estiveron creando a través de poemas de Xela Arias un completo universo de estrelas.

Son todos poemas de un verso que eles mesmos elixiron e plasmaron en estreliñas tridimensionais que foron creando.






NORABOA A TOD@S!


8 de xuño de 2020

INFO COVID-19

RAPACES!! Dende Bibliopepiño queremos agradecer e felicitarvos polo ben que estades a levar esta situación un chisquiño complicada!!
Esperamos que disfrutárades das novidades e das actividades que preparamos para vós este ano! 
Queremos agradecer tamén ás familias a súa colaboración e contribución ao bo funcionamento da nosa biblio!!

Apetécevos contarlle a PEPIÑO cousiñas da vosas experiencias durante esta cuarentena? Contádenos nesta publicación todo o que desexedes!!!! 

E.... PARA O ANO MÁIS E MELLOR!! :)


LEMBRADE QUE TENDES ATA O DÍA 12 DE XUÑO PARA REALIZAR AS DEVOLUCIÓNS DE PRÉSTAMO DE LIBROS!
POLA SEGURIDADE DE TODOS VÓS E A DO PERSOAL DO CENTRO, ESTE ANO CANCELAREMOS O PRÉSTAMO DE VERÁN.

***TODOS OS TÍQUETS ACADADOS ESTE ANO, QUEDAN VÁLIDOS PARA CANXEAR O VINDEIRO CURSO.

7 de dec. de 2019

NOVIDADES DECEMBRO

Un mes máis xa están dispoñibles as novidades de decembro para préstamos!! 
Este ano estamos ampliando tamén o noso catálogo de pelis para que poidades ver en familia e pasar un ratiño todos xuntos nestas tardes de frío!!
E xa sabedes... correde que voan! 
Podes deixarnos un comentario e opinar sobre estas novidades ou suxestións para mercar. Encántanos que opinedes e expresedes os vosos gustos!! Anímate a comentar aquí abaixo!!



DECORACIÓN NADAL ECOLÓXICA

Os alumnos de 2º B e 4º de primaria estiveron a  recoller tapas de botellas de diferentes tamaños, cores, grosores; tamén recolleron cápsulas de café de aluminio e de plástico, redes onde veñen as laranxas, os allos, as patacas,,,, e gardamos cunchas de zamburiñas para estas datas.
Primeiro clasificaron as tapas por: tamaños, cores, grosores...













Seguiron clasificando, esta vez, as cápsulas de café segundo o material: alumnio ou plástico, tamén por tamaños.








Noutra sesión de plástica, pegaron as tapas para facer con elas os bonecos de neve!



Despois pintaron as cápsulas de plástico para convertelas nos gorros dos bonecos!


E tamén facerlles os buratos   e pasarlles o fio para transformalas en campanillas.













Noutra sesión, fixéronlles  buratos ás cápsulas de aluminio, facendo  diversos debuxos. 
Para o rincón tamén prepararon un bonecos de neve e uns renos con caixas de cartón, tapas, anacos vellos de tea, cápsulas e ramas da poda



 Unha vez rematados, colocáronno no recuncho da biblioteca!!!
E, como podedes ver, quedóulles precioso...

Con esforzo, agarimo e traballando en equipo podemos acadar cousas tan marabillosas como éstas. 




Encántanos velos felices e orgullosos dos seus traballos. Non hai mellor maneira de remtar as cousas... sodes XENIAIS RAPACES (E PROFES TAMÉN)

 



Como podemos apreciar nas imaxes, foi un longo e traballoso proceso pero os resultados non podían ser mellores.
Estamos moi orgullosos de vós!


Que chulo quedou!


DECORACIÓN DE NADAL ECOLÓXICA

Aquí podemos ver o proceso para facer a decoración de Nadal. Artistas quédaselles corto... 



Fixeron a decoración con caixas de cartón , papeis enrrugados, anacos de recortes de papeis de cores, tapas de botellas, tapas das caixas de galletas, cápsulas de café, redes de envasado de alimentos como cebolas e allo, botóns....




Con todo o seu agarimo e esforzo fixeron tamén renos e bonecos de neve, os cales danlle un toque precioso!






Aquí podemos velos traballando coa profe moi ledos!!!



Colocaron cada caixa no seu sitio! 

Que rincón tan  especial feito con materias de refugallo!


Encántanos como nos quedou!  

P.D.I. SALVEMOS O PLANETA

Xa está chegando o Nadal rapaces!!! Esa época tan esperada pola cativada... chea de emocións e ilusión!!! Cargada de luces, de soños  e de momentos cheos de ledicia na compaña dos nosos familiares e amigos!!
Xa tendes as vosas decoracións listas?? Podes deixarnos un comentario e contarnos si xa tendes todo listo e apunto para o Nadal.
Nós xa temos o noso centro decorado. Os nenos de 2º de Primaria fixeron das súas, e, como é costume, nos deleitaron a todos con esta árbore de Nadal que deixounos a todos a boca aberta cando o vimos.







Está feito con papel de aluminio que aproveitamos das nosas merendas. E cun pouco de inxenio e imaxinación quedou marabillosa. Noraboa a estes pequenos artistas unha vez máis!!