Amosando publicacións coa etiqueta Feira do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Feira do libro. Amosar todas as publicacións

25 de abr. de 2024

TROCA AVENTURAS

 Un ano mais a nosa feira do libro foi todo un éxito.

Aquí tedes a mostra de como transcurriu a tarde:


Grazas a todas as familias que facedes posible que estas actividades se leven a cabo. Sen a vosa participación e colaboración non sería posible.

16 de abr. de 2024

TROCAAVENTURAS (Terceira edición)

 Como xa é tradición en BiblioPepiño o día do libro ven asociado á Feira do libro TROCA AVENTURAS.

Tedes toda a información nas seguintes imaxes.


É moi importante que os libros sexan actuais e que estean en bo estado.




30 de abr. de 2022

TROCA AVENTURAS

Remata a semana do libro, unha semana moi intensa en BiblioPepiño, na que festexamos a nosa primeira feira do libro: Troca Aventuras. 

Foi todo un éxito, cargadiña de moitas lecturas interesantes e unha gran participación por parte de toda a comunidade educativa.


Resultou moi emocionante volver a abrir as portas e poder gozar de momentos compartidos con todos vos.



19 de abr. de 2022

TROCA AVENTURAS


Que é TROCA AVENTURAS? É o noso concepto de Feira do Libro. O seu obxectivo e dar unha segunda vida a lecturas que temos esquecidas por algún recuncho da  casa e que seguramente sexan benvidas en outros fogares.

* Como podo participar? Podedes participar traendo libros que teñades na casa. A cambio entregarémosvos unha papeleta, con ela teredes que acudir á feira e poderedes cambiala por outro libro do voso interés, da mesma categoría.

Ata cando podo levar o meu libro? O prazo para entregar os libros para o mercadillo é dende o día 20 ata o 25 de abril, entregaranse ao titor/a de cada alumno e a cambio recibirá unha papeleta coa que deberá acudir á Feira do libro, para facer o troco.

* Podo aportar calquera libro? Efectivamente, poden ser de calquera rango de idade, o que é importante é que os libros estean en bo estado. Este ano, como novidade, incorporaremos a sección de adultos.

* Onde terá lugar TROCA AVENTURAS? A Feira realizarase na Biblioteca do centro.

Cando terá lugar? A feira celebrarase o martes 26 de abril en horario de tarde: 16:30 a 18:30, e o mércores de 12:00 a 13:45. 

Vide acompañados das vosas familias.

Animádevos a participar.

FELIZ FEIRA DO LIBRO