* Que é TROCA AVENTURAS? É o noso concepto de Feira do Libro. O seu obxectivo e dar unha segunda vida a lecturas que temos esquecidas por algún recuncho da casa e que seguramente sexan benvidas en outros fogares.
* Como podo participar? Podedes participar traendo libros que teñades na casa. A cambio entregarémosvos unha papeleta, con ela teredes que acudir á feira e poderedes cambiala por outro libro do voso interés, da mesma categoría.
* Ata cando podo levar o meu libro? O prazo para entregar os libros para o mercadillo é dende o día 20 ata o 25 de abril, entregaranse ao titor/a de cada alumno e a cambio recibirá unha papeleta coa que deberá acudir á Feira do libro, para facer o troco.
* Podo aportar calquera libro? Efectivamente, poden ser de calquera rango de idade, o que é importante é que os libros estean en bo estado. Este ano, como novidade, incorporaremos a sección de adultos.
* Onde terá lugar TROCA AVENTURAS? A Feira realizarase na Biblioteca do centro.
* Cando terá lugar? A feira celebrarase o martes 26 de abril en horario de tarde: 16:30 a 18:30, e o mércores de 12:00 a 13:45.
Vide acompañados das vosas familias.
Animádevos a participar.
FELIZ FEIRA DO LIBRO
Ningún comentario:
Publicar un comentario