16 de xuño de 2025
SABOOORRRR!!!
9 de abr. de 2025
ENTRE OLAS E TIXOLAS POLO MUNDO
Boas, familias!
O día do libro está aproximándose! Si, en nada xa é 23 de abril.
Este ano, en base ao noso proxecto, e aproveitando a diversidade cultural que temos no centro, queremos elaborar un
Para poder elaboralo precisamos da vosa colaboración.
Poden ser receitas doces ou salgadas.
Para facérnolas chegar hai dúas opcións:
1. Por unha banda cubrir a receita, en papel, que levará todo o alumnado, para casa.
2. Por outra banda, clicando na seguinte imaxe, poderedes cubrir a receita dixitalmente, colocando toda a información e a imaxe do voso plato.Agradecemos que respetedes a orde das páxinas.En ambos casos a data límite de entrega será o MÉRCORES 30 DE ABRIL.
E xa para rematar gustaríanos saber se poderiamos contar con vos para facer unha degustación culinaria de platos do mundo. Dado que é un proxecto algo ambicioso, agradecemos que cubrades a seguinte enquisa e nos contactariamos con vos para concretar data e como facelo.
8 de mar. de 2025
RESOLUCIÓN ENTROIDO CHEF
A pasada semana desfrutamos moitísimo coa degustación dos pratos do Entroido Chef.
Os nosos axudantes serviron de xurado para degustar as diversas especialidades presentadas ao concurso.Tras moito debate e unha gran enchenta, resolveron o seguinte veredicto.
AS RECEITAS GAÑADORAS FORON:
Aproveitamos o venres de troula para facer entrega dun pequeno recordo a todos os participantes, e o agasallo aos tres gañadores/as.
10 de xan. de 2025
ENTRE OLAS E TIXOLAS
Comezamos o ano cun arrecendo a comida recén feita, no noso corredor da pranta baixa: alimentos frescos chegados das nosas hortas, así como sobremesas exquisitas...
Todo esto e mais podedes atopar na nosa exposición temática "Entre olas e tixolas" contos, xogos e mooooiiiitassss receitas.
30 de out. de 2024
PREMIOS MONSTERCHEF
A primeira edición do concurso MonsterChef tivo unha gran participación, numerosos chefs de toda a comarca fixeron as súas aportacións.
Aquí tedes unha mostra dos diferentes pratos:
O xurado de Monsterchef degustou con moito esmero as diferentes mostras terroríficas, chegando ao seguinte fallo:
MAIOR DIFICULTADE
23 de out. de 2024
MONSTERCHEF
Chega Samaín e con el un novo concurso do mais saboroso.
I CERTAME MONSTERCHEF EN BIBLIOPEPIÑO
Aquí vos deixamos as bases do concurso.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
NOTA: Xunto ao prato para a súa valoración debe entregarse a receita con todos os ingredientes e pasos a seguir para a súa elaboración.








.png)








.png)
.jpg)