9 de abr. de 2025

ENTRE OLAS E TIXOLAS POLO MUNDO

 Boas, familias!

O día do libro está aproximándose! Si, en nada xa é 23 de abril.

Este ano, en base ao noso proxecto, e aproveitando a diversidade cultural que temos no centro, queremos elaborar un

Para poder elaboralo precisamos da vosa colaboración. 

Poden ser receitas doces ou salgadas.

Para facérnolas chegar hai dúas opcións:

1. Por unha banda cubrir a receita, en papel, que levará todo o alumnado, para casa.

2. Por outra banda, clicando na seguinte imaxe, poderedes cubrir a receita dixitalmente, colocando toda a información e a imaxe do voso plato.

Agradecemos que respetedes a orde das páxinas.

En ambos casos a data límite de entrega será o MARTES 22 DE ABRIL.

E xa para rematar gustaríanos saber se poderiamos contar con vos para facer unha degustación culinaria de platos do mundo. Dado que é un proxecto algo ambicioso, agradecemos que cubrades a seguinte enquisa e nos contactariamos con vos para concretar data e como facelo.

Queremos recordar que sen a vosa colaboración todas estas actividades non serían posibles.


2 comentarios:

  1. Ola!! Son Elena Bauluz, mestra de EF e coordinadora da Biblio de mi cole, CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ, BREXO-LEMA, CAMBRE, CORUÑA.
    O ano pasado, o noso proxecto de centro foi Brexo polo mundo. E unha das cousas que fixemos, foi un libro de recetas do mundo e clases de cociña, onde os nenos de todos os cursos cociñaron as receitas do seu país.
    Se queredes coller ideas ou velo por curiosidade, déixovos o enlace ao canva con todos os vídeos.
    https://www.canva.com/design/DAF_CXLcAbM/sRFQ7fQnNpM1O6okIdYm-w/view?utm_content=DAF_CXLcAbM&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=editor

    Sorte e a desfrutar!!!

    ResponderEliminar
  2. o meu correo electrónico aulainformaticaelena@gmail.com por se necesitades algo.

    ResponderEliminar