Boas, familias!
O día do libro está aproximándose! Si, en nada xa é 23 de abril.
Este ano, en base ao noso proxecto, e aproveitando a diversidade cultural que temos no centro, queremos elaborar un
Para poder elaboralo precisamos da vosa colaboración.
Poden ser receitas doces ou salgadas.
Para facérnolas chegar hai dúas opcións:
1. Por unha banda cubrir a receita, en papel, que levará todo o alumnado, para casa.
2. Por outra banda, clicando na seguinte imaxe, poderedes cubrir a receita dixitalmente, colocando toda a información e a imaxe do voso plato.Agradecemos que respetedes a orde das páxinas.En ambos casos a data límite de entrega será o MARTES 22 DE ABRIL.
E xa para rematar gustaríanos saber se poderiamos contar con vos para facer unha degustación culinaria de platos do mundo. Dado que é un proxecto algo ambicioso, agradecemos que cubrades a seguinte enquisa e nos contactariamos con vos para concretar data e como facelo.
Queremos recordar que sen a vosa colaboración todas estas actividades non serían posibles.