30 de xan. de 2025

A MELLOR SOPA DO MUNDO

Un ano mais o día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da paz e a non violencia, está vez mesturamos esta celebración co noso PDI: Entre olas e tixolas da seguinte maneira:

Parte do noso alumnado voluntario de biblioteca adaptou ao teatro o conto de: A mellor sopa do mundo de Susanna Issern e Mar Ferrero.

Con esta obra aprendimos que para facer a mellor sopa do mundo só precisamos:

- Unha presada de amigos

- Unha cesta de historias

- Un feixiño de risas

- Un airiño de música

- Unha chispa de luz

- Un chisco de calor

- Auga e vexetais

Con todos estes ingredientes picados e remexidos en auga a ferver conseguiremos...

Foi toda unha honra poder desfrutar con estes actores e actrices.



Parabéns rapaces/zas!

29 de xan. de 2025

CLUB DE LECTURA: O DÍA QUE CHOVERON GATOS

 O xoves 20 de xaneiro, tivemos a primeiro reunión do club de lectura do alumnado de quinto e sexto de educación primaria.


Durante esta xuntanza, compartimos a historia de Catarina, unha nena que loita polos dereitos dos animais.


Cal será a nosa próxima viaxe?

28 de xan. de 2025

RESUMO XOGOS EN FAMILIA

 O pasado sábado gozamos dunha tarde moi entretida entre familias e xogos.

Moitos de vos elixíchedes BiblioPepiño para pasar a tarde con nós.

Graciñas por participar en todas as nosas propostas!

24 de xan. de 2025

CLUB DE LECTURA: AXENCIA GALEGA DE ASUNTOS MÁXICOS

 O pasado mércores 19 de xaneiro reunímonos para falar do libro de Miguel Ángel Alonso: Axencia galega de asuntos máxicos.


Se puidésemos ver cos ollos do cativos/as veríamos maxia en todo...


Porque parece que incluso chegou á nosa biblioteca un extraño... un algo oscuro...

Será identificado polos nosos axentes?


Seguirá aínda na nosa biblioteca?

Misterios aínda por descubrir...


21 de xan. de 2025

XOGOS EN FAMILIA

 Un ano mais imos desfrutar dunha tarde de xogos en familia.

Como sabedes durante a tarde do sábado poderedes acudir a Bibliopepiño para desfrutar dos nosos xogos en familia.



Vémonos en BiblioPepiño! 

20 de xan. de 2025

BOLSAS VIAXEIRAS TEMÁTICAS

 Xa temos dispoñibles as novas bolsas temáticas para este curso 2024-2025.

Este ano temos algunhas novidades, queredes velas?





Como sabedes as bolsas viaxeiras temáticas están á disposición de todo o alumnado do centro, para poder solicitalas tedes que cubrir o formulario que se presenta a continuación, e serán prestadas seguindo a orde de solicitude.

 A QUE ESPERADES PARA FACER AS VOSAS RESERVAS?

10 de xan. de 2025

ENTRE OLAS E TIXOLAS

 Comezamos o ano cun arrecendo a comida recén feita, no noso corredor da pranta baixa:  alimentos frescos chegados das nosas hortas, así como sobremesas exquisitas...

Todo esto e mais podedes atopar na nosa exposición temática "Entre olas e tixolas" contos, xogos e mooooiiiitassss receitas.


Non esperes mais para desfrutalos na túa casa!!!