11 de xan. de 2025

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Despois de un gran avance na catalogación de fondos, estamos preparados para que as mochilas viaxeiras saian rumbo as vosas casas.

Este ano ademáis de moitas e variadas lecturas levarán un xogo de mesa, unha película e un caderno no que recopilaremos diversas cantigas de tradición popular.

Por outra banda, relacionando co noso proxecto de centro: Entre olas e tixolas debedes debuxar ou describir, no caderno viaxeiro, cal é a vosa comida preferida.


Se aínda non cubriches a autorización para poder levar a mochila a túa casa, ou se cambiaches de opinión, podes descargar aquí o formulario de participación e achegarllo ao teu titor ou titora.

COMEZAMOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario