E colorín, colorado este curso está remantando... non, aínda non, aínda podedes partipar no préstamo de verán, este ano retomamos a actividade, en qué consistirá?
Para os que aínda non sabedes en que consiste o préstamo de verán, vouno explicar: O préstamo de verán danos a posibilidade de levar en préstamo ata cinco libros de todos os que dispoñemos na biblioteca. Como é moito tempo, precisamos que traiades asinado un consentimento das vosas familias, conforme ides ser responsables cos libros, e no caso de ter algún accidente, seredes responsables del e repoñeredes o pagaredes o libro estropeado/perdido.
Aquí tedes unha copia da folla de autorización:
Estes libros deberán ser devoltos á biblioteca os días 5, 6 e 7 de setembro.
Deste xeito todxs disporemos de superlecturas coas que gozara este verán. Porque....
O VERÁN CUN LIBRO É MAIS DIVERTIDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario