15 de xuño de 2022

AS CHAVES DOS SOÑOS

O pasado venres o alumnado de primeiro de primaria tivo un encontro do máis agardado. 

Os pequenos de primaria tiveron a sorte de poder gozar dunha xornada, on line, con Ana Meilán, autora do libro de: As chaves dos soños.


Ana contounos canto tardou en escribir este libro, explicounos como coñeceu á súa ilustradora Silvina Eduardo, descubriunos que Silvina non é ilustradora si non unha gran artista e invitounos a ver un video de como leva a cabo as imaxes dos seus contos.


Nos quixemos mostrarlle a Ana como afastamos os nosos pesadelos e cal é a nosa chave preferida para facer que un mal soño torne nun bo recordo.



Tamén tivemos tempo para falar de moitos dos seus libros e coñecer moitas das novidades que están por vir. Si, si, que nos contou que no mes de xullo teremos tres novidades nas librerías.

 Xa temos lecturas fresquiñas para este verán.


GRAZAS ANA POR TRANSMITIRNOS O TEU AMOR POLA LITERATURA E POR CREAR HISTORIAS TAN FERMOSAS


Ningún comentario:

Publicar un comentario