25 de nov. de 2020

RECUNCHO DE IGUALDADE

Hoxe é un día de especial importancia. Hoxe é 25 de novembro: 25N

Desde Bibliopepiño apoiamos fortemente as igualdades entre nenos e nenas e pensamos que estas bases se asentan na infancia. 

Por iso, este curso a BiblioPepiño está mudando e transformándose para que no vindeiro curso poidamos disfrutar dela moooooooito máis.

E unha das novidades é a creación dun RECUNCHO DE IGUALDADE no que podemos atopar unha chea de contos que tratan esta temática. 

Ao longo do curso iremos mercando máis libros para incluílos nesta zona. Algunhas das últimas novidades e libros premiados nesta categoría xa están á vosa disposición neste recunchiño.

Moitos deles van dentro das mochilas viaxeiras, por exemplo: 

¡Vivan las uñas de colores!

Cuando las niñas vuelan alto.

Cincenta e as zapatillas peludas.

El libro secreto de las princesas que se tiran pedos.

Érase dos veces la ratita presumida.

Érase dos veces los tres cerditos.

Érase dos veces la Cenicienta.



Recuncho de igualdade




Novos contos

Ningún comentario:

Publicar un comentario