04/02/2017

Contos do mundo


Durante os meses de febreiro e marzo teremos o privilexio de disfrutar de historias do mundo mundial contadas por alumnos/as e mestres/as do IES A Sangriña.
Esta idea xurdiu o pasado mes de novembro durante unhas xornadas de formación coa finalidade de fomentar a lectura de toda a comunidade educativa e de aproveitar a cercanía da que dispoñemos os dous centros.
Aproveitando a posibilidade lingüística que nos dan os alumnos/as do IES, estes virán ó noso centro a contarnos historias, contos... relacionados cos países que investigan as distintas aulas do noso centro: Portugal, Australia, México, China...
Aquí vos deixamos o calendario cos diferentes países e contos ós que imos viaxar!!!


Estade atento que aquí vos contaremos todas as visitas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario