17 de feb. de 2017

Contos do mundo: Viaxamos a Brasil

Ola rapaces:

Hoxe quérovos contar a onde me levaron o pasado martes os alumnos/as e profes do IES A Sangriña, enmarcado no noso proxecto de biblioteca, viaxamos a...Brasil!!!!


Si, si, a Brasil... ese país situado na outra beira do Atlántico, onde celebran un entroido espectacular e teñen unhas praias aluciantes. 








O profe Denís Vicente, que vivíu dous anos alí, na cidade de Río de Janeiro achegouse a contarllelo  aos alumno/as de primeiro.









Mirade que atentos estaban todos!



Despois da explicación de Brasil, o profe Denís coa colaboración da profe María Carneiro contáronnos dous contos tradicionais de Brasil.

Deixámosvos estas fotiños como recordo

E para rematar a sesión... SAMBA!!!!
Os alumnos/as do IES co seu profe de música Alfredo Garrido interpretaron a SAMBALELÉ.




Pero os/as nenos/as de primeiro tamén quixeron agasallar aos profes que nos acompañaron nesta viaxe a Brasil...










Lémonos a próxima semana cunha nova viaxe!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario