26 de out. de 2017

Xosé Tomás na biblioteca!

Por fin chegou o gran día da biblioteca!

Arrancamos coa primeira das actividades propostas para a celebración do Día das Bibliotecas Escolares:


A visita do ilustrador Xosé Tomás!!!!!



Todos estabamos ansiosos, nerviosos e ilusionados por coñecelo en vivo e directo! Que privilexio telo ilustrador do cartel das bibliotecas escolares deste ano!!!

Na biblioteca todo estaba preparadiño, e cando chegamos alí estaba el esperándonos.


Contounos como foi ideando o cartel: a biblioteca como saída de múltiples inquietudes, investigacións, descubrimentos... representados en cada unha das súas burbullas.


A continuación pedíu a nosa colaboración para ampliar o cartel con novas burbullas que poden acontecer a partires da biblioteca...e comezou a debuxar: zooloxía, o mundo dos contos...



Foi sorprendente ver con que facilidade e rapidez debuxaba todo o que diciamos.
Pero cando nos debuxou  a algúns de nós... 
Deixounos abraiados!!!





De seguido, propúxonos un novo reto! 
Deseñar unha segunda mascota para a biblioteca. Preguntounos como queriamos que fose. Nos fomos dicíndolle  pero... puxémonos algo inquedos, xa que todos queriamos participar. 
Foi Impresionante! 
Mellor que o vexades  por vos mesmos. 





Por último, ensinounos que temos que aprender a rirnos de nós mesmos, fíxoo dun xeito  moi especial: Caricaturizándose!!!  

Rematamos cun merecido e fortísimo aplauso e entregámoslle un pequeno agasallo. 

Foi un día extraordinarimente enriquecedor, divertido e inolvidable!!!




Moitísimas grazas Xosé Tomás!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario