12/12/2016

Seguimos destapando libros!

Como cada día, na hora do recreo, o colaboradores xunto cos seus afillados descobren novas recomendacións para este Nadal.



Destapan o número 3 Mark e o seu afillado Arón , detrás da bandeira aparece o libro.... " Por cuatro esquinitas de nada"


Se queredes podedes velo en vídeo!




O número catro! Que intriga! Que libro estará agochado?
Veña! Brais e a súa afillada Paula xa están preparados


Trátase dun libro moi especial: "Ollos: Animais extraordinarios"


Niste libro, Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández achégannos a distintas ópticas dos animais.
Porque... 

Cres que os animais ven coma nós?
O seu sentido da vista está igual de desenvolvido có noso?
Ven máis ou menos?
Diferencian as mesmas cores ca nós?
Captan calquera movemento?

Estas preguntas e outras moitas teñen a súa resposta neste libro que nos convida a entrar nel.






Moi pronto van a estar na biblio!! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario