Os nosos veciños do IES A Sangriña e o noso
centro estamos a levar a cabo unha actividade conxunta de animación á
lectura.
O obxectivo
primordial é acadar nos cativos o gusto
pola lectura.
O pasado venres tivo
lugar a primeira das actividades programadas: lectura dun conto e o conseguinte
obradoiro titulado " As tesoiras de Matisse"
Os participantes
desta actividade foron os alumnos de 1º da ESO B e C e os alumnos de E.
Infantil do noso cole.
Cando os nosos pequerrechos
chegaron ao Instituto alí, na entrada,
estaban esperándoos impacientes. Xuntos
subiron á biblioteca, onde se
desenvolveu a actividade.
Que atentos estiveron
durante a lectura do conto "Pintores"
Despois da lectura, e para rematar a actividade, os pequerrechos axudados polos anfitrións participaron na decoración da árbore de Nadal da biblioteca do IES.
O vindeiro ano
continuarán as actividades de animación á lectura coa Semana dos Contos do
mundo enmarcados na nosa PDI "
Viaxamos polo mundo"
Ningún comentario:
Publicar un comentario