22 de out. de 2016

Celebramos o Día da Bibloteca!

Arrancamos un novo curso escolar cun feixe de actividades que van culminar coa celebración do Día das Bibliotecas!!!

Comezamos coa formación de usuarios: primeiro cos mestres, e logo cos colaboradores.


O venres, xuntámosnos todos no salón de actos onde nos:

Recordamos as normas de funcionamento da biblio

Entregáronnos os carnés e o pasaporte-lector e explicáronnos o seu funcionamento.




As mochilas viaxeiras iniciaron a súa viaxe cara aos nosos fogares. Van cargadas de lecturas, para vivir momentos en familia, para emocionarnos, para compartir peli...  Gozade delas ee nos esquezades deixar as vosas opinións e suxerencias na libreta.




E rematamos buscando os padriños aos seus afillados.




Vémonos o luns, na biblio!!! Si, si... o luns abrimos!!! 

E mestras votádelle unha ollada á galería de imaxes!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario