O Equipo da biblioteca acaba
de mercar un Kamishibay para o cole!!!
Queriámolo estrear xa!
Decidimos facelo o pasado venres na
biblioteca, na hora de ler.
Como o fixemos?
Moi fácil, aproveitando que os alumnos de 3º de primaria, para
celebrar o Día da Poesía, traballaron os poemas do libro O xardín de Irene, de
Xosé Neira Vilas, e que ilustraron cada un dos seus poemas, invitámolos a presentarnos o seu traballo
usando o Kamishibay, como soporte.
Para esta estrea foron invitados os compañeiros de corredor, os alumnos de primeiro e segundo. Estas son as imaxes de todo o proceso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario