Para todos nós o
vindeiro día 23, é un día superespecial!
Sabedes por que, verdade?
Por que celebramos o Día do Libro!
E tanto se é pequeno, grande, delgado, gordo, novo, vello, prestado,
mercado...Un libro sempre nos aporta algo, danos sabiduría, desenvolve a nosa
imaxinación, danos novas ideas...
Pero, desde cando se celebra o Día do Libro?
A idea orixinal da celebración do Día do Libro nace en Cataluña, da man do
escritor valenciano Vicente Clavel, que propón a idea á Cámara oficial do Libro
de Barcelona en 1923 e foi aprobada polo rei Alfonso XIII en 1926.
Instaurase definitivamente en 1930, a data do 23 de abril por coincidir o
falecemento, en 1616 de tres fantásticos escritores, Miguel de Cervantes,
Wiliam Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a
escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus
autores, e alentar a todos, en particular aos máis mozos, a descubrir o pracer
da lectura.
Para seguir a celebración, queremos compartir con todos vos dous agasallos.
Non creades que é un libro e unha flor, non.
En primeiro lugar, unhas curtametraxes, coas que esperamos que pasades un
ratiño estupendo.
E en segundo lugar, uns videos feitos polos axudantes da biblio e os alumnos de 3º de primaria, nos que o libro é o protagonista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario