05/05/2014

PADRIÑOS E MADRIÑAS EN ACCIÓN

Por fin!! despois de tanta chuvia, nun día solleiro, os "padriños" e as "madriñas" puideron levar o seu agasallo ós seus "afillados" e "afilladas". Que foi? 

Pois foi compartir un momento de lecturiñas, o maior lía e os pequenos e pequenas escoitaban embobados e superatentos. Despois da lectura, nalgúns casos, houbo pequenos agasallos feitos polos padriños e madriñas, pequenos libros-botóns, debuxos, marcapáxinas...

Convidámosvos a ver as imaxes que xa o din todo. De fondo, a música do noso ghaiteiro máis popular, Carlos Nuñez acompañado por nenos e xoves gaiteiros.

(EN GRANDE NAS 2 FLECHAS)




Ningún comentario:

Publicar un comentario