18/05/2014

NO MES DAS NOSAS LETRAS: PALABRAS MOI NOSAS....MÚSICA....

No mes das nosas letras, imos ver e oír cousiñas que nos farán emocionar...

*PALABRAS MOI NOSAS!   Atent@s!!

 

*MÚSICA:

-Transmitírmoslles o mellor que temos a quen máis queremos... 
...o noso afecto, o noso cariño, o noso idioma, o noso... 

Que mellor vínculo se pode ir creando? 



"A bicos", do disco Arrolos de Salitre



Agora toca emocionarnos coa voz do grupo folk 
"A cada canto"...Preciosa!!!!!!

Teu nome por mar e terra 


Quero cravar o teu nome 
cunha navalla de lúa 
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón 
pon o teu nome e no mar 
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area 
có tinteiro de alborada 
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase 
ían saber a vainilla 
as augas dos sete mares.

Con branco fío de escuma 
vouno bordar na bandeira 
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non meu amor 
quero que vaia o meu nome 
prá illa de Corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario