22/04/2013

UN AGASALLO PARA AS BIBLIOTECAS NO DÍA DO LIBRO

Co gallo do día mundial do libro 2013 a escritora, narradora,actriz e directora teatral PAULA CARBALLEIRA, agasalla ás Bibliotecas Escolares cun texto ben fermoso para motivar ás lectoras e lectores titulado "So un libro". Aquí o deixamos.




Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.

GRAZAS PAULA É UN AGASALLO BEN FERMOSO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario