01/04/2013

ABRIL: MES DO LIBRO



Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase   o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Aquí queda o CARTEL deste ano e a mensaxe en forma de poesía:

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha 
Blanco


Andersen....quen é? Autor de contos que tod@s coñecemos: "O parrulo feo" "O soldadiño de chumbo" "A sereiña"...  Para coñecelo mellor, Julia González do CEIP Mestres Goldar achéganos este marabilloso LIM 
                          COÑECENDO A ÁNDERSEN  
Agora en imaxes un dos seus contos:
 O SOLDADIÑO DE CHUMBO

DISFRUTÁDEO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario