11 de maio de 2017

Homenaxeamos a Gloria Fuertes no IES A Sangriña

Onte, convidados polo Equipo de Biblioteca do IES A Sangriña, achegámonos ao instituto para realizar xunto con  eles unha  homenaxe a Gloria Fuertes.



Alí , na entrada, estaba todo preparado! Que grande nos pareceu!















Estabamos nerviosos porque  recitar e ler  aos maoires do instituto da un chisco de medo!





A profe María Carneiro presentounos e, alí diante de nós os alumnos de 2º da ESO









Comezamos presentando o noso traballo como homenaxe a  Gloria Fuertes:  As súas poesías relacionadas con animais típicos de China e Las Aleluyas del chinito Chin- Chan- Thé, Eleximos estás porque estamos levando a cabo unha  PDI no noso centro " Viaxamos polo mundo: China".


De  seguido, recitamos  e interpretamos as poesías! 

Las aleluyas del Chinito Chin Chan Thé


El caimán avergonzado


El gallo despertador


Como se dibuja un gato 



E para rematar  usando o Kamishibai lemos o conto: La diadema de rocio. Un conto tradicional chinés
que nos encanta e que quixemos ilustrar nos mesmos.




Que satisfeitos  quedamos coa nosa actuación!



10 de maio de 2017

Novidades do mes de maio

E co mes de maio chegan as últimas novidades deste curso, pero non por iso menos importantes. 


Esperamos que sexan do voso gusto!!!





A partir do venres 12 están en préstamo na nosa biblioteca.

4 de maio de 2017

Que luxo de visita!

Xa temos todo preparado para recibir  a un invitado moi, moi especial!!! 


Mañá é o día!!!

3 de maio de 2017

Lecturas en familia

O Día do libro unha data moi especial! Cada ano celebrámolo dun xeito diferente.


Esta semana vai dedicada a eses libros que tanto nos gustan, cos que pasamos tan bos momentos, que nos fan por en funcionamento a imaxinación...

Iniciamos a primeira das actividades deseñadas: Lecturas en familia. Vai levarse a cabo durante toda a semana. 


Varios cursos foron os que recibiron aos seus familiares para compartir  lecturas

2 de maio de 2017

Apadriñamentos lectores

Dende principio de curso,  no noso centro, contamos con parellas de padriños e afillados.





Nesta data especial, e para conmemorar o Día do Libro, os padriños foron a buscar aos seus afillados as aulas para facer lecturas compartidas por diferentes recunchos do noso patio.

Que gustiño  da velos así, tan entretidos e disfrutando coas lecturas...


26 de abr. de 2017

Ruta literaria


Seguimos de celebración!

Hoxe fixemos unha pequena ruta literaria pola vila.

Os nenos de infantil de catro anos, saíron moi ledos co seu conto Cocorico cara a praza do reloxo.

Alí leron e representaron o conto para ledicia de todas as persoas que os esperaban, para os que pasaban por alí e... por suposto para as súas familias.







Os rapaces de cuarto de primaria quedaron na Alameda onde escenificaron e recitaron poesías de Gloria Fuertes, xa que este ano é o centenario do seu nacemento.












Despois, leron un conto chino " La diadema de rocio"



A escenificación tamén estivo presente!!!






Entre o público asistente nos puntos da ruta literaria estaban: papás, mamás, avoas e avos, madriñas, persoas anónimas e a Concelleira de Cultura que nos quixo acompañar nesta celebración.





Os alumnos de sexto de primaria desplazáronse á Residencia da terceira idade para ler e representar o conto "Un becho estraño" 












Tamén recitaron unha poesía de Exipto!





Os maiores, tamén lles contaron uns contos a eles!!!









Foi unha experiencia moi enriquecedora e que nos gustou moito.




Graciñas a todos!!!

Que é esto tan estraño?

Hoxe sucederon cousas moi estrañas polo cole... empezaron a aparecer notas cunha chea de símbolos raros...



Que serán...? 

Rumoréase polo pasillos, que dentro teñen unha sorpresa...

Pero... como os abrimos?




Ímolos levar para a casa e descubrir, coa axuda dos papás, e dos seus móbiles, que esconden estes inventos...





Xa nos contaredes que é o que teñen dentro...