27 de maio de 2011

VISITA DE AN ALFAYA

 


Hoxe o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial: a autora viguesa AN ALFAYA


 Os nen@s tiveron a oportunidade de achegarse un pouco á súa vida e obras, en especial ó libro que colectivamente leron: "ZOA E AZOR"
 Despois de contestar ás moitas preguntas que lle fixeron, firmoulles os seus libros e deixounos un fermoso agasallo para a Biblioteca en forma de palabras que colocaremos entre os libros.
GRAZAS AN POR COMPARTIR O TEU TEMPO CONNOSCO!!!!!!

15 de maio de 2011

AS LECTURAS DOS NEN@S DE INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE E.INFANTIL DE 5 ANOS ESTÁN INMERSOS NUN PROXECTO LECTOR QUE ESTÁN DISFRUTANDO MOITO. ESTÁN LENDO O LIBRO "EL REINO DE LA FANTASÍA" DE GERÓNIMO STILTON.

PERO É UNHA LECTURA CON ACOMPAÑAMENTO, XA QUE CONTA COA INESTIMABLE COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, NAIS E PAIS QUE SE ACERCAN Á BIBLIO PARA LERLLE ÓS CATIVOS.
UN PAPÁ LECTOR



UNHA MAMÁ LECTORA
MAGNÍFICA EXPERIENCIA!!!

5 de maio de 2011

COMENZAMOS A VER RESULTADOS!!!

Os cursos xa van rematando as súas investigacións sobre o noso proxecto.





 Estes son os primeiros resultados. Son os murais feitos polos nenos e nenas de 2º.








Tamén vedes as primeiras maquetas de castros feitas coa inestimable axuda das familias, ás que dende este blog agradecemos enormemente o esforzo.




CLICADE PARA VELAS EN GRANDE PORQUE MERECE A PENA.


SON ESPECTACULARES, CHEAS DE DETALLES...!!!



26 de abr. de 2011

COÑECENDO A LOIS PEREIRO

O 17 de Maio do 2011, Día das Letras Galegas, estará adicado a Lois Pereiro. No libro Lim "Lois Pereiro" atoparedes algúns datos da súa vida.

(clicar na dirección)
MIL GRAZAS POR COMPARTILO!!

19 de abr. de 2011

RECITAMOS POESÍAS!!!

E chegou o día! Aquí estamos todos xuntos celebrando o DÍA DO LIBRO.

Foi un acto moi vistoso presentado por YAHIR E BLAS DE 6º A.
OBSERVADE AS FOTOS!!!



9 de abr. de 2011

IMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Este xoves, 14 de abril, despois do recreo, na Hora de Ler, reunirémonos todos, alumnado e profesorado para celebrar o DÍA DO LIBRO, que como sabedes, é o 23 de abril, pero que este curso coíncide nas vacacións de Semana Santa.

Como xa sabedes porque así o 
publicamos neste blog, levamos todo o mes de Marzo, recopilando e ilustrando marabillosamente poesías de autores diversos. Clicade na foto, xa veredes como é verdade!.


Por iso, celebraremos ese día lendo cada curso a súa poesía, dende os máis pequechos ata os máis maiores.


SEGURO QUE TOD@S IMOS DISFRUTAR MOITO!!!

5 de abr. de 2011

NOVO ORDENADOR

Na Biblioteca estamos de noraboa! Acaban de instalarnos un ordenador para que poidades CONSULTAR todo o que queirades e así, satisfacer a vosa curiosidade e traballar moito no que os prof@s vos pidan.


    USÁDEO MOITO PERO...TRATÁDEO BEN!!!!!