18 de out. de 2017
16 de out. de 2017
Unha visita moi especial
Ola rapazada!!!
Unha gran nova na nosa biblioteca!!!
Este mércores, 25 de outubro teremos a sorte de disfrutar na nosa biblioteca da presentación do cartel das bibliotecas escolares do presente curso 17-18, coa presenza do seu autor Xosé Tomás Díaz Teijo.
Xosé Tomás é ilustrador de múltiples libros de literatura infantil e xuvenil.
Entre moitos outros...
Ademáis de ser profesor de inglés e director do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal.
Deixámovos algunhas referencias por si queredes investigar sobre el.
http://www.xosetomas.es/
http://www.xosetomas.es/biografiacutea.html
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1486475024/contido/WEB/index.htm
http://www.agpi.es/ilustrador.php?id=34
Unha gran nova na nosa biblioteca!!! Este mércores, 25 de outubro teremos a sorte de disfrutar na nosa biblioteca da presentación do cartel das bibliotecas escolares do presente curso 17-18, coa presenza do seu autor Xosé Tomás Díaz Teijo.
Xosé Tomás é ilustrador de múltiples libros de literatura infantil e xuvenil.

Entre moitos outros...
Ademáis de ser profesor de inglés e director do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal.
Deixámovos algunhas referencias por si queredes investigar sobre el.
http://www.xosetomas.es/
http://www.xosetomas.es/biografiacutea.html
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1486475024/contido/WEB/index.htm
http://www.agpi.es/ilustrador.php?id=34
Vémonos o mércores Xosé!!!
3 de out. de 2017
Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil!!!!
O escritor galego Antonio García
Teijeiro, hoxe foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e
Xuvenil na súa edición 2017 pola súa obra " POEMAR O MAR" escrita en
galgo e ilustrada por Xan López.
É un libro cargadiño de emoción,
cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista. Por el
transitan unha morea de craituras con orixinais e suxerentes composicións
poéticas.
Este libro forma parte dunha triloxía
composta ademais por " Palabras do mar" e por " En la cuna del
mar"
Antonio García naceu en vigo no ano
1952. É un dos grandes poetas e narradores da Literatura Infantil e xuvenil. Na
actualidade imparte cursos de animación á lectura, talleres de poesía, creación
literaria e conferencias.
É autor doutros títulos:
En voz baixa
Peixes de cores
Honorato, o rato namorado
Verbas de sal
Recendos de aire sonoro
1 de out. de 2017
Itinerarios Lectores
Pasiño a pasiño imos preparando a apertura da nosa biblioteca!!!
Aquí vos deixamos os itinerarios lectores escollidos polos titores/as para este novo curso 2017-2018.
Lembrade que a súa lectura puntúa doble no noso pasaporte!!!
Estade atentos porque haberá máis información próximamente!!!
30 de set. de 2017
Benvidos!
Ola rapaces e
rapazas!
Acabamos de comezar
outro novo curso, e esperamos que pasarades un verán moi divertido e cheo
de aventuras.
Desexamos que o
empecedes con moitas ganas e ilusións, porque Pepiño e o seu equipo están
preparando todo para que tamén teñades un curso estupendo na biblioteca do cole.
Cando todo este listo, comezaremos a contarvos...
Estade atentos, pois
seguro que algunha sorpresa vos espera!!!
26 de xuño de 2017
O CEIP A Sangriña de viaxe polo mundo
Rematamos o curso, e con el a nosa viaxe polo mundo, e como non podía ser menos, fíxemolo cunha gran celebración internacional!!!
O pasado xoves e venres tivemos o pracer de desfrutar do noso FESTIVAL VIAXEIRO, no centro cultural da nosa vila, onde cada curso nos mostrou da man da profe Rosa algunha das danzas e obras de cada país.
Aquí vos deixamos as gravacións para as poidades ver e requetever as veces que queirades.
Noraboa polo voso traballo!!!
Vémonos en setembro cun novo proxecto por descubrir!!
Groenlandia (4º educación infantil)
Italia (5º educación infantil)
Australia (6º Educación infantil)
Brasil (1º Educación Primaria)
Portugal (2º Educación Primaria)
México (3º Educación Primaria)
China (4ºA Educación Primaria)
Suecia (4ºB Educación Primaria)
Cuba (5ºA Educación Primaria)
Senegal (5ºB Educación Primaria)
Exipto (6ºA Educación Primaria)
India (6ºB Educación Primaria)
As mamis e avoas tamén se animaro a participar nesta danza improvisadamente.
Mirade que ben o pasaron!!!
E agora unha galería fotográfica que recolle momentos inolvidables e divertidos
21 de xuño de 2017
Xornada de portas abertas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





